Arrastrar e soltar en documentos de LibreOffice
Existen moitas opcións para mover e copiar obxectos mediante arrastrar e soltar. Pode mover e copiar co rato seccións de texto, obxectos de debuxo, imaxes, controis de formulario, hiperligazóns, intervalos de celas e moitos outros.
Teña en conta que o apuntador do rato mostra un signo máis ao copiar e unha frecha ao crear unha ligazón ou hiperligazón.
Apuntador do rato |
Descrición |
Mover |
|
Copiar |
|
Crear ligazóns |
If you press CommandCtrl or Shift+CommandCtrl while releasing the mouse button, you can control whether the object is copied, moved, or a link is created.
Se arrastra obxectos fóra do Navegador, pode especificar no submenú da icona Modo arrastrar se os desexa copiar ou inserir como ligazóns ou hiperligazóns.
En LibreOffice pode cancelar a operación arrastrar e soltar en calquera momento se preme na tecla Esc antes de soltar o botón do rato.