Traballar con táboas

Os datos almacénanse en táboas. Por exemplo, a axenda de enderezos do sistema que usa para os seus enderezos de correo electrónico é unha táboa da base de datos da axenda de enderezos. Cada enderezo é un rexistro de datos, presentado como unha fila na táboa. Os rexistros de datos son campos de datos, por exemplo, os campos de nome e de apelido e o campo de correo electrónico.

Crear táboas co Asistente de táboas

En LibreOffice, pode crear táboas co Asistente de táboas:

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde desexa crear a táboa.

  2. Prema na icona Táboas no panel esquerdo da xanela de base de datos.

  3. Prema Usar o asistente para crear unha táboa.

Crear táboas coa visualización de deseño

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde desexa crear a táboa.

  2. Prema na icona Táboas no panel esquerdo da xanela de base de datos.

  3. Prema Crear unha táboa en visualización de deseño.

Ábrese a xanela Deseño de táboa.

Crear novas visualizacións de táboa

Algúns tipos de bases de datos admiten visualizacións de táboa. Unha visualización de táboa é unha consulta almacenada coa base de datos. Pode usarse do mesmo xeito que unha táboa na maioría das operacións.

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde desexa crear a nova visualización de táboa.

  2. Prema na icona Táboas no panel esquerdo da xanela de base de datos.

  3. Prema Crear visualización.

Aparece a xanela Deseño de visualización, que é case igual á xanela Deseño de consulta.