Buscar táboas e documentos de formulario

Icona

Nas follas de cálculo e documentos en que se usan controis de formulario, pode premer na icona Localizar rexistro da barra de formularios para abrir unha caixa de diálogo e localizar textos e valores.

Pode buscar nun ou en todos os campos de datos, especificar se o texto debe estar ao principio, ao final ou en calquera lugar do campo de datos, así como pode utilizar os comodíns ? e *, como na caixa de diálogo Localizar e substituír. Vexa a Axuda de LibreOffice para obter máis información sobre a función de busca da base de datos.

Buscar cun filtro de formulario