Creando informes
Un informe é un documento de texto do Writer que pode mostrar datos nunha orde organizada e cun determinado formato. No Base de LibreOffice pódese escoller entre crear un informe manualmente con arrastrar e soltar na xanela do Construtor de Informes ou semiautomaticamente seguindo unha serie de diálogos no Asistente de Informes.
A seguinte lista ofrece información para decidir que método utilizar para os datos:
Construtor de informes |
Asistente de informes |
Iniciado pola orde "Crear informe en Visualización de deseño" |
Iniciado pola orde "Utilizar Asistente para crear informe" |
Flexibilidade total para usar cabeceiras e rodapés nos informes, cabeceiras de páxina e rodapés, informes de varias columnas. |
Utiliza un modelo Writer para gerar un documento do informe. |
Arrastre e solte para colocar os campos dos rexistros ou outros elementos de deseño como imaxes ou liñas. |
Seleccione entre as escollas dadas para dispor os rexistros dos datos. |
Generates a one-time snapshot of the data. To see an updated report, execute the same report again to create a Writer document with the updated data. |
You can choose to generate a one-time snapshot with fixed data, or a "live" report with links to the current data at the time when you open the Base file. |
Garda o informe como un documento de texto Writer. Almacena a información como para crear o informe no ficheiro Base. |
Garda o informe e a información como se o informe fose creado no ficheiro Base. |
Escolla Abrir no menú de contexto ou prema dúas veces o nome do informe para crear un novo informe cos datos actuais. |
Escolla Abrir no menú de contexto ou prema dúas veces o nome do informe para, ora ver de novo a instantánea estática dos datos creados por primeira vez, ora crear un novo informe cos datos actuais. Isto depende da súa escolla na última páxina do asistente. |
Choose Edit in the context menu of a report name to open the Report Builder window, with the report's information loaded. |
Escolla Editar no menú de contexto dun nome do informe para editar o ficheiro do modelo Writer que se utilizou para crear o informe. |
Creando manualmente un Novo informe en Visualización de deseño
-
Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear o novo informe.
-
No panel esquerdo da xanela da base de datos, prema a icona Informes.
-
Prema Crear informe en Visualización de deseño.
-
Follow the instructions in the Report Builder guide.
Crear informes co Asistente de informes
-
Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear o novo informe.
-
No panel esquerdo da xanela da base de datos, prema a icona Informes.
-
Prema Usar o asistente para crear un informe.
-
Siga os pasos do Asistente de informe para crear o informe.