Traballar con formularios

Mediante o uso de formularios pode definir como presentar os datos. Abra un documento de texto ou unha folla de cálculo e insira os controis, como botóns e caixas de lista. Nas caixas de diálogos de propiedades dos controis, pode definir os datos que se van mostrar nos formularios.

Crear formularios co Asistente de formularios

En LibreOffice pode usar o Asistente de formularios para crear formularios:

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear o novo formulario.

  2. No panel esquerdo da xanela da base de datos, prema na icona Formularios.

  3. Prema Usar o asistente para crear un formulario.

Crear formularios manualmente

  1. Abra o ficheiro de base de datos onde quere crear o novo formulario.

  2. No panel esquerdo da xanela da base de datos, prema na icona Formularios.

  3. Prema Crear un formulario en visualización de deseño.

Ábrese un novo documento. Use os Controis de formulario para inserir controis de formulario.

Icona Nota

Prema a icona Formularios para acceder aos formularios creados desde a xanela de base de datos actual. Alén diso, pode usar as iconas Controis de formularios para engadir controis de formularios de base de datos a calquera documento de Writer ou Calc, aínda que eses documentos non se listarán na xanela de base de datos.