Adding Texture to Chart Bars

Pode engadir textura ás barras nunha imaxe ou gráfica (en vez de cores predefinidas) mediante mapas de bits:

  1. Prema dúas veces na gráfica para acceder ao modo edición.

  2. Prema dúas veces sobre calquera barra da serie que desexa editar. Así selecciónanse todas as barras.

    Se desexa editar só unha barra, prema dúas veces de novo sobre ela.

  3. No menú de contexto, escolla Propiedades de obxecto. Escolla o separador Área.

  4. Prema Mapa de bits. Seleccione na caixa de lista un mapa de bits como textura para as barras seleccionadas. Prema Aceptar para aplicar a configuración.