Cambiar o título dun documento

Pode especificar un título para o seu documento. Algunhas utilidades de xestión de ficheiros poden mostrar os títulos ao lado dos nomes de ficheiro dos documentos.

Como cambiar o título do documento actual

  1. Escolla Ficheiro - Propiedades. Isto abre o diálogo Propiedades do documento.

  2. Seleccione o separador Descrición.

  3. Introduza o novo título na caixa Título e prema Aceptar.