Editar

Menú Editar dunha xanela de base de datos.

Copiar

Copia no portapapeis o obxecto seleccionado.

Pegar

Insire un elemento do portapapeis. Pode inserir formularios e informes, incluíndo subcartafoles, duns ficheiros de base de datos a outros.

Pegado especial

Insire un elemento do portapapeis. Pode inserir formularios e informes, incluíndo subcartafoles, duns ficheiros de base de datos a outros.

Editar

Abre unha xanela na cal pode editar a táboa, consulta, formulario ou informe seleccionado.

Eliminar

Elimina a táboa, consulta, formulario ou informe seleccionado.

Renomear

Renomea o obxecto seleccionado. Dependendo da base de datos, pode que algúns nomes, caracteres e tamaños de nomes non sexan válidos.

Abrir

Abre o obxecto seleccionado no último estado gardado.

Crear como visualización

Converte en visualización a consulta seleccionada. A consulta orixinal permanece no ficheiro da base de datos e xérase unha visualización adicional no servidor da base de datos. Debe ter permiso de escritura para engadir unha visualización a unha base de datos.

Icona Nota

A maioría das bases de datos utilizan consultas para filtrar ou ordenar táboas de bases de datos e mostrar rexistros no seu computador. As visualizacións ofrecen a mesma funcionalidade que as consultas, mais do lado do servidor. Se a súa base de datos está nun servidor que soporta visualizacións, pode utilizalas para filtrar os rexistros no servidor e, así, acelerar o tempo de visualización.


Asistente de formularios

Inicia o Asistente de formularios da táboa, consulta ou visualización seleccionada.

Asistente de informes

Inicia o Asistente de informes da táboa, consulta ou visualización seleccionada.

Seleccionar todo

Selecciona todas as entradas, incluíndo os subcartafoles, da parte inferior da xanela da base de datos.

Base de datos

Abre un submenú.

Propiedades

Abre a caixa de diálogo Propiedades da base de datos.

Tipo de conexión

Abre o Asistente de tipo de conexión.

Propiedades avanzadas

Abre a caixa de diálogo de Propiedades avanzadas.