Relacións

Esta orde abre a xanela Deseño de relacións, que permite definir as relacións entre varias táboas de base de datos.

Aquí pode ligar as táboas da base de datos actual por medio de campos de datos comúns. Prema na icona Nova relación para crear as relacións ou simplemente arrastre e solte os campos co rato.

Para acceder a esta orde...

Na xanela do ficheiro da base de datos, escolla Ferramentas - Relacións


Icona Nota

Esta función só está dispoñíbel se está a traballar cunha base de datos relacional.


Cando escolle Ferramentas - Relacións, ábrese unha xanela en que se mostran as relacións existentes entre as táboas da base de datos actual. Se non hai ningunha relación definida, ou se desexa relacionar outras táboas da base de datos entre si, prema na iconaEngadir Táboas. Mostrarase a caixa de diálogo Engadir Táboas na cal pode seleccionar as táboas que desexe.

Icona

Inserir táboas

Icona Nota

As táboas seleccionadas non poden modificarse, aínda que estean en modo deseño de táboa, se a xanela Deseño de relacións está aberta. Iso asegura que as táboas non sufran cambios mentres se crean as relacións.


As táboas seleccionadas móstranse na área superior da visualización de deseño. As xanelas das táboas péchanse usando o menú de contexto ou ben a tecla Eliminar.

Mover táboas e modificar o seu tamaño

Pode redimensionar e dispor as táboas como prefira. Para movelas, arrastre o seu bordo superior ata a posición que desexe. Para ampliar ou reducir o seu tamaño, posicione o cursor do rato sobre un bordo ou canto e arrastre.

Chave primaria e outra chave

Se desexa definir unha relación entre táboas diferentes, introduza unha chave primaria que identifique claramente un campo de datos da táboa existente. Pode facer referencia á chave primaria desde outras táboas para acceder aos datos desa táboa. Os campos de datos que se refiren a esa chave primaria identifícanse como chaves externas.

Todos os campos de datos que se refiren á chave primaria indentifícanse na xanela da táboa por medio dunha chave pequena.

Definir relacións

As relacións existentes móstranse na xanela de relacións por medio dunha liña que conecta os campos primarios con outros campos de chave. Para engadir unha relación arrastre e solte o campo dunha táboa sobre o campo da outra. Para eliminar unha relación, selecciónea e prema na tecla Eliminar.

Outra posibilidade é premer na icona Nova relación, na área superior do campo de relación, e definir a relación entre dúas táboas na caixa de diálogo Relacións.

Icona

Nova relación

Icona Aviso

Se usa LibreOffice como interface dunha base de datos relacional, LibreOffice non sitúa nunha memoria intermedia a creación ou eliminación de relacións, senón que se envían directamente á base de datos externa.


Premendo dúas veces nunha liña de conexión, ábrese a caixa de diálogo Relacións, na cal pode atribuír certas propiedades á relación.