Deseño de táboa

Na xanela Deseño de táboa pode definir novas táboas ou editar a súa estrutura.

Para acceder a esta orde...

Na xanela dun ficheiro de base de datos, prema na icona Táboas. Escolla Inserir - Deseño de táboa ou Editar - Editar


Visión xeral da base de datos

Deseño de táboa

A xanela ten a súa propia barra de menú. Contén tamén unha nova orde: Deseño de índice.

Área de definición de táboa

Nesta área define a estrutura da táboa.

Nome do campo

Especifica o nome do campo de datos. Teña en conta as restricións da base de datos, como o tamaño do nome, os caracteres especiais e os espazos.

Tipo de campo

Especifica o tipo de campo.

Descrición

Especifica unha descrición opcional.

As cabeceiras das filas conteñen as seguintes ordes de menú de contexto:

Cortar

Corta a fila seleccionada e colócaa no portapapeis.

Copiar

Copia a fila seleccionada ao portapapeis.

Pegar

Pega o contido do portapapeis.

Eliminar

Elimina a fila seleccionada.

Inserir filas

Se a táboa non foi gravada insere unha fila baleira por riba da fila actual . Se a táboa xa está gravada insere unha fila baleira na fin da táboa .

Chave primaria

Se esta orde presenta unha marca de verificación, o campo de datos desta liña é unha chave primaria. Premendo na orde, activa/desactiva o estado. A orde é visíbel só se a fonte de datos ofrece soporte a chaves primarias.

Propiedades de campo

Define as propiedades do campo actualmente seleccionado.

Lonxitude

Especifica o tamaño do campo de datos.

Número de decimais

Especifica o número de decimais dun campo numérico ou decimal.

Valor predefinido

Especifica o valor predefinido dos novos rexistros de datos.

Exemplo de formato

Mostra o código de formato que pode seleccionar co botón ... ).

...

Este botón abre a caixa de diálogo Formato de campo.

Área de axuda

Mostra os textos de axuda.