Deseño de formulario

Para expandir un documento de LibreOffice nun formulario só ten que engadir un ou máis controis.

A barra de ferramentas Controis de formularios contén as funcións necesarias para editar un formulario. Pode encontrar máis funcións nas barras Deseño de formulario e Máis controis.

En Deseño de formulario pode incluír controis, aplicar propiedades, definir propiedades de formulario e definir subformularios.

The Form Navigator icon Icon on the Form Design bar opens the Form Navigator.

A icona Abrir en modo deseñoIcona permite gardar un documento de formulario de maneira que sempre se abra en modo de edición.

Se hai algún erro na atribución de propiedades aos obxectos contidos no formulario (por exemplo, a atribución dunha táboa de base de datos inexistente a un obxecto), móstrase unha mensaxe de erro correspondente. Esta mensaxe de erro pode conter un botón Máis. Se preme en Máis mostrarase unha caixa de diálogo con máis información sobre o erro.