Deseño de consulta

A opción Visualización de deseño de consulta permite crear e editar consultas de bases de datos.

Para acceder a esta orde...

Na xanela do ficheiro da base de datos, prema a icona Consultas e, a seguir, escolla Editar - Editar


Icona Nota

A maioría das bases de datos utilizan consultas para filtrar ou ordenar táboas de bases de datos e mostrar rexistros no seu computador. As visualizacións ofrecen a mesma funcionalidade que as consultas, mais do lado do servidor. Se a súa base de datos está nun servidor que soporta visualizacións, pode utilizalas para filtrar os rexistros no servidor e, así, acelerar o tempo de visualización.


Icona Nota

Selecting the Create View command from the Tables tab page of a database document, you see the View Design window that resembles the Query Design window described here.


The Query Design window layout is stored with a created query, but cannot be stored with a created view.

A visualización de deseño

Para crear unha consulta, prema na icona Consultas dun documento de base de datos e, a seguir, prema en Crear consulta na visualización de deseño.

The lower pane of the Design View is where you define the query. To define a query, specify the database field names to include and the criteria for displaying the fields. To rearrange the columns in the lower pane of the Design View, drag a column header to a new location, or select the column and press +arrow key.

Na parte superior da xanela Visualización de deseño de consulta móstranse as iconas das barras Deseño de consulta e Deseño.

Se desexa probar unha consulta, prema dúas veces no seu nome no documento. O resultado móstrase nunha táboa semellante á Visualización de fonte de datos. Nota: A táboa que se mostra é temporal.

Teclas na Visualización de deseño de consulta

Chave

Función

F4

Previsualización

F5

Executar consulta

F7

Engadir táboa ou consulta


Explorar

A primeira vez que se abre o deseño de consultas vese unha caixa de diálogo na que primeiro hai que seleccionar a táboa ou consulta que será a base para a nova consulta.

Prema dúas veces nos campos para engadilos á consulta. Arrastre e solte para definir as relacións.

Icona Nota

Mentres deseña unha consulta non pode modificar as táboas seleccionadas.


Eliminar táboas

Para eliminar a táboa da Visualización de deseño, prema no bordo superior da xanela da táboa e, no menú de contexto, use a orde Eliminar. Outra opción é premer na tecla Suprimir.

Mover táboas e modificar o seu tamaño

Pode redimensionar e dispor as táboas como prefira. Para movelas, arrastre o seu bordo superior ata a posición que desexe. Para ampliar ou reducir o seu tamaño, posicione o cursor do rato sobre un bordo ou canto e arrastre.

Relacións entre táboas

Se hai relación entre os datos de dous nomes de campo pertencentes a dúas táboas diferentes, pode usar esas relacións para a súa consulta.

Se ten, por exemplo, unha folla de cálculo coa lista dos seus artigos identificados por medio dun número, e outra cos seus clientes e o rexistro dos artigos que cada un deles encomenda indicados mediante o número de artigo correspondente, considérase que hai relación entre os dous campos de datos "Número de artigo". Se desexa crear unha consulta que devolva todos os artigos que un cliente encomendou, debe recuperar os datos das dúas follas de cálculo. Para facelo, é preciso informar a LibreOffice sobre a relación existente entre os datos das dúas follas de cálculo.

Para facelo, prema nun nome de campo dunha táboa (por exemplo, o nome de campo "Número de artigo" da táboa Clientes), manteña premido o botón do rato e, a seguir, arrastre o nome de campo cara ao nome de campo da outra táboa ("Número de artigo" da táboa Artigos). Ao soltar o botón do rato, aparece unha liña que conecta os campos das dúas xanelas. A condición correspondente (o contido dos dous nomes de campo debe ser idéntico) insírese na consulta SQL resultante.

A creación dunha consulta baseada en varias follas de cálculo relacionadas só é posíbel cando se usa LibreOffice como interface dunha base de datos relacional.

Icona Nota

Nas consultas non é posíbel acceder a táboas de diferentes bases de datos. As consultas relacionadas con varias táboas só poden crearse dentro dunha única base de datos.


Especificación do tipo de ligazón

Se preme dúas veces na liña que conecta dous campos ligados ou vai á orde de menú Introducir - Nova relación, poderá especificar o tipo de ligazón na caixa de diálogo Relacións.

Alternatively, press Tab until the line is selected, then press Shift+F10 to display the context menu and there choose the command Edit. Some databases support only a subset of the possible join types.

Eliminar relacións

Para eliminar unha relación entre dúas táboas, prema na liña de conexión e, a seguir, na tecla Suprimir.

Outra posibilidade é eliminar as entradas correspondentes en Campos implicados, na caixa de diálogo Relacións. Tamén pode premer na tecla Tab ata seleccionar o vector de conexión, despois premer en Maiús+F10 para abrir o menú de contexto e finalmente seleccionar a orde Eliminar.

Definir consulta

Seleccione as condicións para definir a consulta. Cada columna da táboa de deseño acepta un campo de datos. As condicións das filas líganse mediante o E booleano.

Especificar un nome de campo

Seleccione nas táboas os nomes de campo que desexa engadir á consulta. Pode facelo arrastrando e soltando, ou premendo dúas veces sobre cada nome na xanela da táboa. Se opta pola primeira opción, use o rato para arrastralos desde a xanela da táboa ata a área inferior da visualización de deseño da consulta e escolla a columna en que desexa engadilos. Seleccionando os nomes de campo premendo dúas veces sobre eles, engádense na seguinte columna libre.

Eliminar nomes de campos

Para eliminar un nome de campo da consulta, prema na cabeceira da columna do campo e escolla a orde Eliminar no menú de contexto da columna.

Gardar unha consulta

Use a icona Gardar, situada na barra Estándar, para gardar a consulta. Na caixa de diálogo introduza un nome. Pode introducir un esquema se a base de datos os soporta.

Esquema

Introduza o nome do esquema atribuído á consulta ou á visualización de táboas.

Nome de consulta ou nome de visualización de táboa

Introduza o nome de consulta ou de visualización de táboa.

Filtraxe de datos

Para filtrar datos da consulta, defina as preferencias na área inferior da visualización de deseño. Están dispoñíbeis as seguintes liñas:

Campo

Introduza o nome do campo de datos a que fixo referencia na consulta. A configuración estabelecida nas filas inferiores refírese a este campo. Se activa unha cela premendo o rato, verá unha frecha que permite seleccionar un campo. A opción "Nome de táboa.*" selecciona todos os campos de datos. Os criterios son válidos para todos eles.

Alcume

Especifica un alcume, que se lista nunha consulta en vez do nome de campo. Isto posibilita o uso de etiquetas de columna definidas polo usuario. Por exemplo, se o nome do campo de datos é Compostela e desexa que apareza como Santiago na consulta, especifique Santiago como alcume.

Nas instrucións SQL os alcumes defínense da seguinte maneira:

SELECT columna AS alcume FROM táboa.

Por exemplo:

SELECT "Compostela" AS "Santiago" FROM "Historia"

Táboa

Aquí móstrase a táboa de base de datos do campo de datos seleccionado. Se activa a cela premendo no rato, aparece unha frecha coa cal se pode seleccionar outra táboa da consulta.

Ordenar

If you click the cell, you can select among the sorting options: ascending, descending and not sorted. Text fields will be sorted alphabetically and numerical fields numerically. For most databases, administrators can set the sorting options.

Visíbel

Se marca un campo de datos como Visíbel, faise visíbel na consulta. Se usa un campo de datos para formular unha condición, non necesita mostralo.

Criterios

Especifica os criterios de filtraxe do contido do campo de datos.

ou

Aquí pode introducir un criterio adicional de filtraxe en cada liña. Os criterios múltiplos dunha columna conéctanse por medio dunha ligazón OU.

Tamén pode usar o menú de contexto das cabeceiras das liñas, na área inferior do deseño da consulta, para introducir outra liña para as funcións:

Funcións

As funcións que pode executar dependen da base de datos.

Se estiver a traballar coa base de datos HSQL, a caixa de lista da fila Función ofrece as opcións seguintes:

Opción

SQL

Efecto

Sen función

Non se executa ningunha opción.

Media

AVG

Calcula a media aritmética dun campo.

Conta

CONTAR

Determina o número de rexistros da táboa. Os campos baleiros poden contarse (a) ou non (b).

a) COUNT(*): Introducindo un asterisco como argumento, cóntanse todos os rexistros da táboa.

b) COUNT(columna): Introducindo un nome de campo como argumento, cóntanse só os campos en que ese nome de campo conteña un valor. Non se contan os valores nulos (campos baleiros).

Máximo

MÁXIMO

Determina o valor máis alto dun campo.

Mínimo

MÍNIMO

Determina o valor máis baixo dun campo.

Suma

SUMA

Calcula a suma dos valores dos campos asociados.

Agrupar

GROUP BY

Agrupa os datos da consulta de acordo co nome de campo seleccionado. As funcións execútanse segundo os grupos especificados. En SQL, esa opción corresponde á cláusula GROUP BY. Cando se engade un criterio, a entrada aparece en SQL HAVING.


Tamén pode introducir chamadas de función directamente na instrución SQL. A sintaxe é:

SELECT FUNCTION(columna) FROM táboa.

Por exemplo, a chamada de función en SQL para calcular unha suma é:

SELECT SUM("Prezo") FROM "Artigo".

A excepción da función Agrupar, as funcións anteriores son o que se chama funcións agregadas. Son funcións que calculan datos para crear resumos a partir dos resultados. Tamén poderían estar dispoñíbeis outras funcións que non aparecen na caixa de lista. Dependen do sistema de base de datos específico que se estea a usar e no estado actual do controlador do Base.

Para empregar outras funcións que non aparezan na caixa de lista hainas que introducir en Campo.

Tamén pode atribuír alcumes ás chamadas de función. Se non quere mostrar a consulta na cabeceira da columna, introduza un nome en Alcume.

Na linguaxe SQL a función correspondente é a seguinte:

SELECT FUNCTION() AS alcume FROM táboa

Exemplo:

SELECT COUNT(*) AS conta FROM "Artigo"

Icona Nota

Se executa esta función, non pode engadir columnas á consulta, a non ser que as reciba como función "Agrupar".


Exemplos

No seguinte exemplo, execútase unha consulta entre dúas táboas: unha chámase "Artigo", co campo "Número de artigo", e a outra "Fornecedores", co campo "Nome de fornecedor". Alén diso, ambas as táboas posúen un nome de campo común: "Número de fornecedor."

Para crear consultas que conteñan os fornecedores que entregan máis de tres artigos, é preciso seguir estes pasos:

  1. Introduza as táboas "Artigo" e "Fornecedores" no deseño de consulta.

  2. Ligue os campos "Número de fornecedor" das dúas táboas, se non existe xa relación entre elas.

  3. Prema dúas veces no campo "Número de artigo" na táboa "Artigo". Mostre a liña Función, usando o menú de contexto, e seleccione a función Conta.

  4. Introduza >3 como criterio e desactive o campo Visíbel.

  5. Prema dúas veces no campo "Nome de fornecedor" da táboa "Fornecedores" e escolla a función Agrupar.

  6. Executar a consulta.

Se existen os campos "Prezo" (para o prezo de cada artigo) e "Número de fornecedor" (para o fornecedor do artigo) na táboa "Artigo", pode obter o prezo medio do artigo provisto polo fornecedor por medio da seguinte consulta:

  1. Insira a táboa "Artigo" no deseño de consulta.

  2. Prema dúas veces nos campos "Prezo" e "Número de fornecedor".

  3. Active a liña Función e seleccione a función Media no campo "Prezo".

  4. Tamén pode introducir "Media" na liña do alcume (sen comiñas).

  5. Para o campo "Número de fornecedor", escolla Agrupar.

  6. Executar a consulta.

Están dispoñíbeis os seguintes símbolos e ordes de menú de contexto:

Funcións

Mostra ou oculta a fila de selección de funcións.

Nome da táboa

Mostra ou oculta a fila do nome de táboa.

Alcume

Mostra ou oculta a fila do alcume.

Valores unívocos

Aplica á consulta só valores unívocos. Úsase en rexistros que conteñen datos repetidos nos campos seleccionados. Se a orde Valores unívocos está activo, na consulta só se ve un rexistro (DISTINCT). Se non, vense todos os rexistros que corresponden aos criterios de consulta (ALL).

Por exemplo, se o nome "Castro Leiro" se repite na súa base de datos de enderezos, pode escoller a orde Valores unívocos para especificar na consulta que o nome "Castro Leiro" apareza só unha vez.

Se unha consulta abarca varios campos, a combinación de valores dos campos debe ser exclusiva, de modo que o resultado se poida formar desde un rexistro específico. Por exemplo, se "Castro Leiro na Guarda" aparece na axenda de enderezos unha vez e "Castro Leiro en Guimarães" dúas, coa orde Valores unívocos a consulta usará os dous campos, "Apelidos" e "Cidade", devolvendo unha vez o resultado "Castro Leiro na Guarda" e outra "Castro Leiro en Guimarães".

En SQL, esta orde corresponde ao predicado DISTINCT.

Límite

Permite maximizar o número de rexistros que devolve a consulta.

If there is added a Limit, you will get at most as many rows as the number you specify. Otherwise, you will see all records corresponding to the query criteria.

Formulación de condicións de filtraxe

Na formulación de condicións de filtraxe están dispoñíbeis varios operadores e ordes. Alén dos operadores relacionais, existen ordes SQL específicas que consultan o contido dos campos da base de datos. Se usa estas ordes na sintaxe de LibreOffice , LibreOffice convérteos automaticamente á sintaxe SQL correspondente. Tamén pode introducir a orde SQL directamente. As seguintes táboas ofrecen unha visión xeral dos operadores e ordes:

Operador

Significado

Cúmprese a condición se...

=

igual a

... o contido do campo é identico á expresión indicada.

Nos campos de consulta non se mostra o operador =. Se introduce un valor sen operador, o operador = adóptase automaticamente.

<>

diferente de

... o contido do campo non se corresponde coa expresión especificada.

>

maior que

... o contido do campo é maior que a expresión especificada.

<

menor que

... o contido do campo é menor que a expresión especificada.

>=

maior que ou igual a

... o contido do campo é maior que ou igual á expresión especificada.

<=

menor que ou igual a

... o contido do campo é menor que ou igual á expresión especificada.


Orde de LibreOffice

Orde SQL

Significado

Cúmprese a condición se...

IS EMPTY

IS NULL

é nulo

... The value of the field is empty. For Yes/No fields with three states, this command automatically queries the undetermined state (neither Yes nor No).

IS NOT EMPTY

IS NOT NULL

non está baleiro

... o nome do campo non está baleiro.

LIKE

(marcador de posición * para calquera número de caracteres

marcador de posición ? para un só carácter)

LIKE

(marcador de posición % para calquera número de caracteres

marcador de posición _ para un único carácter)

é un elemento de

... o campo de datos contén a expresión indicada. O marcador de posición (*) indica se a expresión x está ao principio (x*), ao final (*x) ou dentro do campo (*x*). Nas consultas SQL introduza como marcador de posición o carácter SQL % e na interface de LibreOffice o marcador de posición para sistemas de ficheiros (*).

Os marcadores de posición * e % representan calquera número de caracteres. O signo de interrogación (?), na interface de LibreOffice, e o subliñado (_), nas consultas SQL, representan un único carácter.

NOT LIKE

NOT LIKE

non é un elemento de

... o nome de campo non contén a expresión especificada.

BETWEEN x AND y

BETWEEN x AND y

encóntrase no intervalo [x,y]

... o nome do campo contén un valor entre os valores x e y.

NOT BETWEEN x AND y

NOT BETWEEN x AND y

Non se encontra no intervalo [x,y]

... o nome do campo contén un valor que non se encontra entre os valores x e y.

IN (a; b; c...)

Teña en conta que nas listas de valores o separador que se usa é o punto e coma!

IN (a, b, c...)

contén a, b, c...

... o nome de campo contén unha das expresións especificadas: a, b, c,... Non hai límite para o número de expresións que se pode introducir. O resultado da consulta determínase cunha ligazón Ou. As expresións a, b, c... poden ser tanto números como caracteres.

NOT IN (a; b; c...)

NOT IN (a, b, c...)

non contén a, b, c...

... o nome de campo non contén unha das expresións especificadas: a, b, c,...

= TRUE

= TRUE

ten o valor verdadeiro

... o nome de campo ten o valor verdadeiro.

= FALSE

= FALSE

ten o valor falso

... o nome de campo ten o valor falso.


Exemplos

='Sra.'

devolve os nomes de campo que conteñen "Sra."

<'2001-01-10'

returns dates that occurred before January 10, 2001

LIKE 'm?sa'

devolve nomes de campo con contidos tipo "mesa" e "misa".

LIKE 'S*'

devolve campos de datos con contidos tipo "Saudade".

BETWEEN 10 AND 20

devolve nomes de campo cuxo contido está situado entre os valores 10 e 20. (Os campos poden ser tanto de texto como numéricos.)

IN (1; 3; 5; 7)

devolve nomes de campo cos valores 1, 3, 5, 7. Se o nome de campo contén, por exemplo, un número de elemento, pode crear unha consulta que devolva o elemento con ese número.

NOT IN ('Castro Leiro')

devolve nomes de campo que non conteñen "Castro Leiro".


Secuencia de escape Like: {escape 'carácter de escape'}

Exemplo: select * from Elemento where Nomedeelemento like 'O *%' {escape '*'}

Así devolveránse todas as entradas en que o nome de elemento comece por 'O *', o que significa que tamén é posíbel procurar caracteres que doutra maneira se interpretarían como marcadores de posición, como *, ?, _, % ou o punto.

Secuencia de escape: Outer Join: {oj outer-join}

Exemplo: select Artigo.* from {oj elemento LEFT OUTER JOIN pedidos ON elemento.no=pedidos.ANR}

Consulta de campos de texto

Para consultar o contido dun campo de texto é necesario incluír a expresión entre comiñas. A distinción entre maiúsculas e minúsculas depende da base de datos en uso. LIKE, por definición, distingue entre maiúsculas e minúsculas (aínda que algunhas bases de datos non son tan ríxidas).

Consulta de campos de data

Date fields are represented as #Date# to clearly identify them as dates. Date, time and date/time constants (literals) used in conditions can be of either the SQL Escape Syntax type, or default SQL2 syntax.

Date Type Element

SQL Escape syntax #1 - may be obsolete

SQL Escape syntax #2

Sintaxe de SQL2

Data

{D'AAAA-MM-DD'}

{d 'AAAA-MM-DD'}

{D'AAAA-MM-DD'}

Hora

{D'HH:MM:SS'}

{t 'HH:MI:SS[.SS]'}

'HH:MI:SS[.SS]'

DataHora

{D'AAAA-MM-DD HH:MM:SS'}

{ts 'AAAA-MM-DD HH:MI:SS[.SS]'}

'AAAA-MM-DD HH:MI:SS[.SS]'


Exemplo: select {d '1999-12-31'} from world.years

Exemplo: select * from amiñatáboa where years='1999-12-31'

All date expressions (literals) must be enclosed with single quotation marks. (Consult the reference for the particular database and connector you are using for more details.)

Consulta en campos Si/Non

To query Yes/No fields, use the following syntax for dBASE tables:

Estado

Criterio de consulta

Exemplo

Si

for dBASE tables: not equal to any given value

=1 devolve os rexistros en que o campo Si/Non ten o estado "Si" ou "Activado" (seleccionados en negro),

Non

.

=0 devolve os rexistros en que o campo Si/Non ten o estado "Non" ou "Desactivado" (sen selección).

Nulo

IS NULL

IS NULL devolve os rexistros en que o campo Si/Non nin ten o estado Si nin o estado Non (seleccionados en gris).


Icona Nota

A sintaxe depende do sistema de base de datos usado. Teña en conta tamén que os campos Si/Non poden definirse de forma diferente (só dous estados, en vez de tres).


Consultas de parámetros

Parameter queries allow the user to input values at run-time. These values are used within the criteria for selecting the records to be displayed. Each such value has a parameter name associated with it, which is used to prompt the user when the query is run.

Parameter names are preceded by a colon in both the Design and SQL views of a query. This can be used wherever a value can appear. If the same value is to appear more than once in the query, the same parameter name is used.

In the simplest case, where the user enters a value which is matched for equality, the parameter name with its preceding colon is simply entered in the Criterion row. In SQL mode this should be typed as WHERE "Field" = :Parameter_name

Icona Aviso

Parameter names may not contain any of the characters <space>`!"$%^*()+={}[]@'~#<>?/,. They may not be the same as field names or SQL reserved words. They may be the same as aliases.


Icona Suxestión

A useful construction for selecting records based on parts of a text field's content is to add a hidden column with "LIKE '%' || :Part_of_field || '%'" as the criterion. This will select records with an exact match. If a case-insensitive test is wanted, one solution is to use LOWER (Field_Name) as the field and LIKE LOWER ( '%' || :Part_of_field || '%' ) as the criterion. Note that the spaces in the criterion are important; if they are left out the SQL parser interprets the entire criterion as a string to be matched. In SQL mode this should be typed as LOWER ( "Field_Name" ) LIKE LOWER ( '%' || :Part_of_field || '%' ).


Parameter queries may be used as the data source for subforms, to allow the user to restrict the displayed records.

Entrada de parámetros

The Parameter Input dialog asks the user to enter the parameter values. Enter a value for each query parameter and confirm by clicking OK or typing Enter.

The values entered by the user may consist of any characters which are allowable for the SQL for the relevant criterion; this may depend on the underlying database system.

Icona Suxestión

The user can use the SQL wild-card characters "%" (arbitrary string) or "_" (arbitrary single character) as part of the value to retrieve records with more complex criteria.


Modo SQL

SQL son as siglas de "Structured Query Language", unha linguaxe que permite a utilización de instrucións para a actualización e administración de bases de datos relacionais.

En LibreOffice non necesita ter coñecementos de SQL, xa que na maioría das consultas non é necesario introducir o código. Se crea unha consulta no deseño de consulta, LibreOffice converte automaticamente as instrucións á sintaxe SQL correspondente. Se cambia á visualización SQL, coa axuda do botón Activar/Desactivar visualización de deseño, pode ver os ordes SQL dunha consulta anteriormente creada.

Pode formular a súa consulta directamente en código SQL. Teña en conta, no entanto, que a sintaxe especial depende do sistema de base de datos en uso.

Se introduce manualmente o código SQL, pode crear consultas específicas en SQL que a interface gráfica do deseño de consulta non soporta. Estas consultas deben executarse en modo SQL nativo.

Premendo na icona Executar directamente a orde SQL na visualización SQL, pode formular consultas que LibreOffice non procesa.