Asistente de elementos de grupo: Selección de campo predefinido

Determina que se vai seleccionar un campo de opción como predefinido.

A configuración predefinida acéptase ao abrir o formulario en modo usuario. Esta configuración determina a propiedade de control Estado predefinido.

Para acceder a esta orde...

No deseño de formulario, prema na icona Caixa de grupo da barra de ferramentas e use o rato para crear unha marco - páxina 2 do asistente


Desexa seleccionar un campo de opción como predefinido?

Especifica se desexa facer a configuración predefinida da caixa de opción.

Si, o seguinte:

Especifica que desexa seleccionar como predefinido un campo de opción tras abrir o formulario. Escolla o campo de opción na caixa.

Caixa de lista

Seleccione o campo de opción que desexa que apareza como predefinido ao abrir o formulario.

Non, non seleccionar ningún campo en particular

Especifica que non desexa seleccionar ningún campo de opción como predefinido.