Exportar HTML - Páxina 4
Especifica a información que desexa mostrar na portada da publicación.
Pode omitir esta páxina se desmarca a opción Crear portada ou se selecciona Automático ou WebCast nas páxinas anteriores do asistente.
Información para a portada
Autor
Especifica o nome do autor da publicación.
Enderezo de correo electrónico
Especifica o enderezo de correo electrónico.
A súa páxina principal
Especifica o seu sitio web. Insire unha hiperligazón na publicación.
Información adicional
Especifica o texto adicional que se vai mostrar na portada.
Ligazón a unha copia da presentación orixinal
Insire unha hiperligazón para descargar unha copia do ficheiro de presentación.