Exportar HTML

Determina a configuración para publicar documentos de LibreOffice Draw ou LibreOffice Impress en formato HTML.

Para acceder a esta orde...

No menú Ficheiro - Exportar de LibreOffice Draw ou LibreOffice Impress, seleccione o tipo de ficheiro "Documento HTML". A caixa de diálogo ábrese automaticamente


As páxinas mostradas varían en función da selección feita na segunda páxina do asistente.

Exportar HTML - Páxina 1

Na primeira páxina pode seleccionar un deseño existente ou crear un novo.

Exportar HTML - Páxina 2

Determina o tipo de publicación.

Exportar HTML - Páxina 3

Especifica o tipo de imaxes e a resolución da pantalla de destino.

Exportar HTML - Páxina 4

Especifica a información que desexa mostrar na portada da publicación.

Exportar HTML - Páxina 5

Define un estilo de botón para navegar polas diapositivas da presentación.

Exportar HTML - Páxina 6

Define as cores da publicación.

< Back

Volve ás seleccións feitas na páxina anterior. A configuración actual permanece gardada. Pode seleccionar este botón cando se encontre no segundo paso da edición.

Next >

Garda a configuración actual e avanza á seguinte páxina. Este botón desactívase na última páxina da caixa de diálogo.

Crear

Creates new documents according to your selections and saves the documents.

Icona Nota

LibreOffice garda a configuración actual do asistente e úsaa como predefinida ao abrir o asistente de novo.