Asistente de fax

Opens the wizard for faxes. The wizard can help you create document templates for fax documents. You can then print the fax documents to a printer or to a fax machine, if fax driver software is available.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes - Fax


LibreOffice inclúe unha mostra de documento de fax, que pode personalizar coa axuda do asistente segundo as súas necesidades. O asistente guíao paso a paso na creación do modelo de documento e ofrécelle múltiplas opcións de deseño. A previsualización móstralle a aparencia provisional do fax que está a configurar.

No asistente pode modificar en calquera momento as entradas e opcións, así como saltarse unha ou todas as súas páxinas, en cuxo caso se mantén a configuración actual (ou a predefinida).

Asistente de Fax - Deseño de páxina

Define o estilo do seu documento de fax.

Asistente de Fax - Elementos para incluír

Especifica os elementos do fax que se imprimen.

Asistente de Fax - Remitente e destinatario

Especifica a información do remitente e do destinatario do fax.

Ir ao Asistente de Fax - Pé de páxina

Especifica a información do pé de páxina.

Asistente de Fax - Nome e lugar

Define o nome e localización do modelo.

Volver

Prema no botón Volver para ver o configurado na páxina anterior. A configuración actual non se modifica nin elimina. Este botón móstrase activo a partir da segunda páxina.

Seguinte

O asistente garda a configuración e avanza á seguinte páxina. O botón Seguinte fica inactivo ao chegar á última páxina.

Rematar

O asistente crea un modelo de documento a partir das opcións seleccionadas e gárdao. Móstrase na área de traballo un novo documento baseado no modelo, co nome de ficheiro "SentítuloX".

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.