Configuración 3D

Velaquí as propiedades dos controis da barra de ferramentas Configuración 3D dos obxectos 3D seleccionados:

Activar/Desactivar extrusión

Activa/desactiva os efectos 3D dos obxectos seleccionados.

Inclinar cara a abaixo

Inclina cinco graos cara a abaixo o obxecto seleccionado.

Inclinar cara a arriba

Inclina cinco graos cara a arriba o obxecto seleccionado.

Inclinar cara á esquerda

Inclina cinco graos cara á esquerda o obxecto seleccionado.

Inclinar cara á dereita

Inclina cinco graos cara á dereita o obxecto seleccionado.

Profundidade

Abre a xanela Profundidade de extrusión.

Seleccione unha profundidade de extrusión.

Introduza unha profundidade de extrusión.

Dirección

Abre a xanela Dirección de extrusión.

Seleccione unha dirección.

Seleccione unha perspectiva ou un método de extrusión paralelo.

Iluminación

Abre a xanela Iluminación de extrusión.

Seleccione unha dirección de iluminación.

Seleccione unha intensidade de iluminación.

Superficie

Abre a xanela Superficie de extrusión.

Seleccione un material de superficie ou unha vista en aramio.

Cor 3D

Abre a barra de ferramentas Cor de extrusión.