Máis Controis

A barra de ferramentas Máis controis abre cando preme na icona Máis controis da barra de ferramentasControis de formulario.

Botón xiratorio

Icona

Crea un botón xiratorio.

Engadindo un botón xiratorio a unha folla de cálculo de Calc, poderá usar a lapela Datos para crear unha ligazón de duplo sentido entre o botón xiratorio e unha cela. Desa forma, ao cambiar o contido dun, actualízase o contido do outro.

Barra de desprazamento

Icona

Crea unha barra de desprazamento.

Pódense especificar as seguintes propiedades das barras de desprazamento:

Nome da interface de usuario

Semántica

Valor mínimo de desprazamento

Especifica a altura ou a largura mínima da barra de desprazamento.

Valor máximo de desprazamento

Especifica a altura ou a largura máxima da barra de desprazamento.

Valor predefinido de desprazamento

Especifica o valor predefinido da barra de desprazamento, o cal se usa ao restabelecer o formulario.

Orientación

Especifica a orientación, horizontal ou vertical, da barra de desprazamento.

Desprazamento mínimo

Especifica a distancia mínima que se despraza a barra, por exemplo, ao premer nunha frecha.

Desprazamento máximo

Especifica a distancia máxima que se despraza a barra, por exemplo, ao premer entre unha frecha e o cursor da barra de desprazamento.

Atraso

Especifica o atraso en milisegundos entre os eventos repetidos da barra de desprazamento, por exemplo, a demora que se produce ao premer nunha das frechas da barra de desprazamento e manter o botón do rato premido.

Cor de símbolo

Especifica a cor das frechas da barra de desprazamento.

Tamaño visíbel

Especifica o tamaño do cursor da barra de desprazamento en "unidades de valor". Por exemplo, un valor de ("Valor máximo de desprazamento" menos "Valor mínimo de desprazamento") / 2 resulta nun cursor que ocupa a metade da barra de desprazamento.

Defina como cero o Tamaño visíbel se desexa que a largura e a altura da barra de desprazamento sexan idénticas.


Nas follas de cálculo de Calc, use a lapela Datos para crear unha ligazón de duplo sentido entre a barra de desprazamento e unha cela.

Botón de imaxe

Icona

Crea un botón que se mostra como imaxe. Á parte da representación gráfica, o botón de imaxe ten as mesmas propiedades que un botón "normal".

Control de imaxe

Icona

Crea un control de imaxe. Só pode usarse para engadir imaxes dunha base de datos. Prema dúas veces nun destes controis para abrir a caixa de diálogo Inserir imaxe, onde pode inserir a imaxe. Tamén hai un menú de contexto (non dispoñíbel en modo deseño) que contén ordes para inserir e eliminar imaxes.

Pódense mostrar imaxes de base de datos nos formularios e inserir novas imaxes nas bases de datos sempre que o control de imaxe non estea protexido contra escrita. O control debe facer referencia a un campo de base de datos do mesmo tipo que a imaxe. Introduza o campo de datos na xanela de propiedades da lapela Datos.

Campo de data

Icona

Crea un campo de data. Se o formulario está ligado a unha base de datos, os valores de data poden tomarse dela.

Atribuíndo a propiedade "Despregábel" ao campo de data, permítese aos usuarios abrir un calendario para seleccionar unha data nese campo. Isto tamén é aplicábel aos campos de data do campo Control de táboa.

Icona Suxestión

Os usuarios poden editar os campos de data con facilidade usando as frechas cara a arriba e cara a abaixo do teclado. Dependendo da posición do cursor, as frechas permiten aumentar ou diminuír o día, o mes ou o ano.


Observacións específicas sobre campos de data.

Campo horario

Icona

Crea un campo de hora. Se o formulario está ligado a unha base de datos, os valores de hora poden tomarse dela.

Icona Suxestión

Os usuarios poden editar os campos de data con facilidade usando as frechas cara a arriba e cara a abaixo do teclado. Dependendo da posición do cursor, as frechas permiten aumentar ou diminuír o día, o mes ou o ano.


Selección de ficheiros

Icona

Crea un botón que permite seleccionar ficheiros.

Campo numérico

Icona

Crea un campo numérico. Se o formulario está ligado a unha base de datos, os valores numéricos poden tomarse dela.

Campo monetario

Icona

Crea un campo monetario. Se o formulario está ligado a unha base de datos, o contido do campo monetario pode tomarse dela.

Campo de patrón

Icona

Crea un campo de patrón. Os campos de patrón consisten nunha máscara de edición e nunha máscara literal. A de edición determina os datos que poden introducirse e a literal o contido do campo de patrón ao cargar o formulario.

Icona Nota

Teña en conta que os campos de patrón non se exportan a formato HTML.


Caixa de grupo

Icona

Crea un marco para agrupar visualmente varios controis. As caixas de grupo permiten agrupar os botóns de opción nun marco.

Se insire un marco de grupo no documento, abrirase o asistente de elementos de grupo, que lle facilitará a creación de grupos de opcións.

Nota: Ao arrastrar unha caixa de grupo sobre controles xa existentes, se despois desexa escoller un control vai ter que abrir primeiro o menú de contexto da caixa de grupo e escoller Dispor - Enviar para atrás. A seguir, escolla o control tendo premido.

Icona Nota

As caixas de grupo só se utilizan para efectos visuais. Pode agrupar os campos de opción por funcións mediante a definición do nome. Nas propiedades Nome dos campos de opción, introduza o mesmo nome para agrupalos.


Control de táboa

Icona

Crea un control de táboa para visualizar unha táboa de base de datos. Cando se crea un control de táboa, aparece o asistente de elementos de táboa.

Información especial sobre controis de táboas.

Barra de navegación

Icona

Crea unha barra de navegación.

A barra de navegación permítelle percorrer os rexistros dunha base de datos ou dun formulario de base de datos. Os controis desa barra funcionan da mesma maneira que os da barra de navegación predefinida de LibreOffice.