Image Filter Bar

This icon on the Image bar opens the Image Filter bar, where you can use various filters on the selected picture.

Icona

Filtro

Inverter

Inverte os valores da cor dunha imaxe en cor ou os de brillo dunha imaxe en escala de grises. Aplique o filtro de novo para reverter o efecto.

Icona

Inverter

Suavizar

Suaviza ou esfuma a imaxe aplicando un filtro de paso baixo.

Icona

Suavizar

Aumentar nitidez

Aumenta a imaxe aplicando un filtro de paso alto.

Icona

Aumentar nitidez

Eliminar interferencias

Elimina ruido aplicando un filtro medio.

Icona

Eliminar interferencias

Solarización

Abre unha caixa de diálogo para definir a solarización. A solarización é un efecto semellante ao que acontece cando hai exceso de luz durante o revelado fotográfico. As cores invértense parcialmente.

Icona

Solarización

Parámetros

Especifica o grao e o tipo de solarización.

Valor límite

Especifica o nivel de brillo, en porcentaxe, por riba do cal deben solarizarse os píxeles.

Inverter

Especifica tamén para inverter todos os píxeles.

Envellecemento

Todos os píxeles están definidos para valores de gris e as canles de cor verde e azul están reducidas a cantidade que espefique. A canle de cor vermella non se modifica.

Icona

Envellecemento

Grao de envellecemento

Define a intensidade de envellecemento en porcentaxe. Ao 0% verá os valores de gris de todos os píxeles. Ao 100% só permanece a canle de cor vermella.

Posterizar

Abre unha caixa de diálogo para determinar o número de cores do póster. Este efecto baséase na redución do número de cores. Fai que as fotos parezan cadros.

Icona

Posterizar

Cores do póster

Especifica o número de cores a que se debe reducir a imaxe.

Pop Art

Converte unha imaxe nun formato pop art.

Icona

Pop Art

Debuxo a carbón

Mostra a imaxe como un debuxo a carbón. Os contornos debúxanse en negro e as cores orixinais suprímense.

Icona

Debuxo a carbón

Relevo

Mostra unha caixa de diálogo para crear relevos. Escolla a posición da fonte de luz imaxinaria que determina o tipo de sombra creada e como a imaxe gráfica aparece en relevo.

Icona

Relevo

Fonte de luz

Especifica a posición da fonte de luz, que se representa mediante un punto.

Mosaico

Asocia pequenos grupos de píxeles en áreas rectangulares da mesma cor. Canto maiores son os rectángulos individuais, menor é o detalle da imaxe gráfica.

Icona

Mosaico

Resolución de elemento

Determina o número de píxeles que se deben asociar en rectángulos.

Largura

Define a largura das pezas dos mosaicos.

Altura

Define a altura das pezas dos mosaicos.

Mellorar bordos

Mellora ou aumenta a nitidez dos bordos do obxecto.