Activar/Desactivar a verificación ortográfica automática

Verifica a ortografía e subliña os erros de forma automática ao teclear.

Icona

Automatic Spell Checking On/Off

Os erros producidos ao escribir destácanse no documento cunha liña de subliñado vermella. Situando o cursor sobre unha palabra así marcada, pódese abrir o seu menú de contexto para obter unha lista de correccións. Seleccione unha das opcións para substituír a palabra. Se durante a edición do documento se produce o mesmo erro, marcarase de novo.

Abra o menú de contexto da Autocorrección e escolla Autocorrección para incorporar o par de palabras na súa táboa de substitución. Escolla unha opción no submenú. A palabra substitúese e o par sitúase na táboa de substitución.