Executar orde SQL directamente

En modo SQL nativo é posíbel introducir ordes SQL que LibreOffice non interpreta e que van directamente á fonte de datos. Se non mostra eses cambios na visualización de deseño, non poderá volver a ela.

En SQL nativo, a cadea SQL encamíñase directamente ao sistema conectado de base de datos sen avaliación previa de LibreOffice. Por exemplo, se accede a unha base de datos a través dunha interface ODBC, a cadea SQL pasa ao controlador ODBC, que a procesa.

Icona

Executar orde SQL directamente

Prema de novo na icona para volver ao modo normal, onde os cambios do novo deseño de consulta están sincronizados cos permitidos por SQL.