Engadir táboas

Seleccione en Engadir táboas as táboas que desexa usar na súa tarefa actual. Ao crear consultas ou presentacións de táboa, seleccione a táboa a que deben facer referencia. Ao traballar con bases de datos relacionais, seleccione as táboas que desexa relacionar.

As táboas inseridas aparecen nunha xanela independente no deseño de consulta ou nas xanelas relacionais, xunto coa lista dos campos da táboa. Pode determinar o tamaño e a orde da xanela.

Para acceder a esta orde...

Na xanela dun ficheiro de base de datos, prema na icona Táboas. Escolla Inserir - Deseño de táboa ou Editar - Editar


Táboa

Nome da táboa

Lista as táboas dispoñíbeis. Para inserir unha táboa, selecciónea na lista e prema Engadir. Se preme dúas veces o seu nome, móstrase unha xanela cos seus campos na parte superior da xanela relacional ou do deseño de consulta.

Engadir

Insire a táboa seleccionada.

Pechar

Pecha a caixa de diálogo Engadir táboas.