Configurar sangrías, marxes e columnas

Use o rato para definir as sangrías e marxes do parágrafo actual ou dos seleccionados.

Se divide a páxina en columnas ou o cursor está situado nun marco de texto de varias columnas, arrastre o rato na regra para modificar a súa largura e espazamento.

Cando se selecciona un obxecto, imaxe ou debuxo vense os seus bordos na regra. Para modificalos, arrástreos na regra co rato.

Para modificar as sangrías do contido dunha cela sitúe o cursor sobre a cela e arrastre as sangrías co rato na regra. As liñas de límite da táboa modifícanse na regra ou arrastrándoas.

Icona

Estas iconas marcan a sangría esquerda da primeira liña do parágrafo (triángulo superior) e a das demais liñas do parágrafo (triángulo inferior).

Icona

A icona situada á dereita da regra marca a sangría dereita do parágrafo.

Tarefa

Procedemento

Definir sangría esquerda

Arrastre cara á dereita a marca inferior esquerda mentres preme o botón do rato.

Definir sangría esquerda da primeira liña

Arrastre cara á dereita a marca superior esquerda mentres preme o botón do rato.

Definir sangría dereita

Arrastre cara á esquerda a marca dereita mentres preme o botón do rato.


Icona Suxestión

In order to change the left indent starting with the second line of a paragraph, hold down the key, click the triangle on the bottom left, and drag it to the right.


Icona Nota

As tabulacións definidas non se modifican ao sangrar un parágrafo. Se esas tabulacións terminan fóra das marxes do parágrafo deixan de mostrarse, mais seguen a existir.