Fonte de datos como táboa

Activa unha visualización de táboa adicional cando está en visualización de formulario. Se a función Fonte de datos como táboa está activada, a táboa vese nunha área situada sobre o formulario.

Icona

Fonte de datos como táboa

As visualizacións de táboa e de formulario reflicten os mesmos datos. Os cambios realizados na táboa son visíbeis no formulario e os realizados no formulario son visíbeis na táboa.

Se hai varios formularios lóxicos nun documento, a táboa só é capaz de mostrar un de cada vez.