Texto

Se selecciona a opción Texto na caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos, o contido dos datos seleccionados no explorador da fonte de datos insírese no documento como texto. Na caixa de diálogo selecciónanse as columnas ou campos de base de datos que se deben transferir e a maneira de formatar o texto.

Se selecciona varios rexistros ao escoller a función Datos para texto, os campos de combinación de correspondencia insírense de acordo co número de rexistros.

Texto

Na área Texto, use a frecha para seleccionar as columnas da táboa de base de datos en que desexa inserir o contido dos campos.

Columnas da base de datos

Lista as columnas da táboa de base de datos admisíbeis na caixa de lista de selección para a súa inserción no documento. Seleccione as columnas que desexa inserir.

>

Moves the fields that you selected in the Database columns list box into the selection field. You can also double-click the entry to select it.

Seleccionar

Lista as columnas da base de datos seleccionadas para a súa inserción no documento. O texto que escriba aquí tamén se inserirá no documento. A orde das entradas no campo de selección correspóndese coa orde dos datos no documento.

Formato

Especifica o formato para inserir os campos de base de datos no documento.

A partir da base de datos

Acepta os formatos da base de datos.

Seleccionar

Especifica un formato da lista se non se acepta a información de formato de determinados campos de datos. Os formatos aquí fornecidos están dispoñíbeis só para determinados campos de bases de datos, como os numéricos ou booleanos. Se selecciona un campo de base de datos en formato de texto, non pode seleccionar ningún formato na lista de selección, pois o formato de texto mantense automaticamente.

Se o formato que quere non está listado, seleccione "Outros formatos..." e defina o formato na caixa de diálogo Formato numérico.

O formato numérico atribuído mediante a lista de selección, refírese ao campo de base de datos seleccionado na caixa de lista Columnas da base de datos.

Estilo de parágrafo

Os parágrafos inseridos formátanse por defecto cos estilos de parágrafo actuais. Este formato corresponde á entrada "ningún" da caixa de lista Estilo de parágrafo, onde é posíbel seleccionar outro estilo para o parágrafo que desexa inserir no documento. A caixa de lista exhibe os estilos de parágrafo definidos en LibreOffice e xestionados no Catálogo de estilos.