Campos
Na caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos, seleccione Campos para inserir no documento como campos os datos seleccionados. Estes campos de bases de datos funcionan como caracteres comodín nas columnas individuais da bases de datos e poden usarse en cartas modelo. Prema na icona Datos en campos para facer coincidir o contido dos campos co rexistro seleccionado.
Se selecciona varios rexistros ao escoller a función Datos para texto, os campos de combinación de correspondencia insírense de acordo co número de rexistros. Alén diso, insírese automaticamente unha orde de campo como "Seguinte rexistro" entre bloques individuais de ordes de campo.
A caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos permite definir os campos de base de datos que se deben inserir no documento e a maneira de formatar os parágrafos.
Campos
Na área Campos, use a frecha para seleccionar as columnas da táboa de base de datos en que desexa inserir o contido do campo.
Columnas da base de datos
Lista as columnas da táboa de base de datos admisíbeis na caixa de lista de selección para a súa inserción no documento. Seleccione as columnas que desexa inserir.
>
Moves the fields that you selected in the Database columns list box into the selection field. You can also double-click the entry to select it.
Seleccionar
Lista as columnas da base de datos seleccionadas para a súa inserción no documento. O texto que escriba aquí tamén se inserirá no documento. A orde das entradas no campo de selección correspóndese coa orde dos datos no documento.
Estilo de parágrafo
Os parágrafos inseridos formátanse por defecto cos estilos de parágrafo actuais. Este formato corresponde á entrada "ningún" da caixa de lista Estilo de parágrafo, onde é posíbel seleccionar outro estilo para o parágrafo que desexa inserir no documento. A caixa de lista exhibe os estilos de parágrafo definidos en LibreOffice e xestionados no Catálogo de estilos.