Realce

Aplica a cor de realce actual ao fondo dunha selección de texto. Se non hai texto seleccionado, prema na icona Realce, seleccione o texto que desexa realzar e prema de novo na icona. Para cambiar a cor de realce, prema na frecha situada ao lado da icona e despois na cor desexada.

Icona

Highlight Color

Para aplicar o realce

  1. Prema na icona Realce situada na barra Formatado.

    Icona Nota

    Para cambiar a cor de realce, prema na frecha situada ao lado da icona Realce e despois na cor desexada.


  2. Seleccione o texto que desexa realzar.

    Icona Suxestión

    Para realzar unha única palabra, prema dúas veces nela.


  3. Para desactivar o realce, prema Esc.

Para eliminar o realce

  1. Seleccione o texto realzado.

  2. Na barra Formatado, prema na frecha situada ao lado da icona Realce e despois en Sen enchemento.