Asistente de caixas de combinación / caixas de lista: Selección de táboa

Especifica a táboa, de entre as dispoñíbeis na base de datos, que contén o campo de datos cuxo contido debe mostrarse como entrada de lista.

Para acceder a esta orde...

Abra a barra de ferramentas Controis de formulario, prema na icona Caixa de combinación ou Caixa de lista e arrastre o rato para xerar un campo. Debe haber conexión coa base de datos no formulario: Asistente - Páxina 1.


Nas caixas de lista indícase unha táboa que pode ligarse á do formulario. A táboa ligada debe ter polo menos un campo en común coa táboa do formulario para poder estabelecerse unha referencia non ambigua.

Nas caixas de combinación debe existir unha relación entre a táboa do formulario e a táboa que contén os datos que van mostrarse na caixa de combinación.

Táboa

Seleccione no campo Táboa a táboa que contén o campo de datos cuxo contido se vai mostrar no campo de control.

A táboa indicada aparece en Propiedades de control como elemento dunha instrución SQL no campo Contido da lista.