Xeral

Para acceder a esta orde...

Abra o men√ļ de contexto dun elemento de formulario seleccionado e escolla Formulario, separador Xeral

Abra a barra de ferramentas Controis de formulario ou Dese√Īo de formulario e prema na icona Formulario, lapela Xeral


Os formularios son documentos de texto ou follas de cálculo con diferentes controis. Os formularios para páxinas web permiten ao usuario introducir datos e os envialos a través internet. Os datos procedentes dos controis dos formularios transmítense ao servidor a través dun URL. Posteriormente, o servidor pode procesar eses datos.

Nome

Especifica o nome do formulario. Ese nome utilízase para identificar o formulario no explorador de formularios.

URL

Especifica o URL a que deben transmitirse os datos do formulario completado.

Marco

Define o marco de destino en que debe apararecer o URL cargado.

Se preme no campo pode seleccionar unha opción da lista que especifique o marco en que se debe cargar o seguinte documento. Dispón das seguintes posibilidades:

Entrada

Significado

_blank

O seguinte documento crearase nun novo marco baleiro.

_parent

O seguinte documento crearase nun marco superior. Se non existe, créase no mesmo marco.

_self

O seguinte documento crearase no mesmo marco.

_top

O seguinte documento crearase nunha xanela de nivel superior, ou sexa, no marco máis alto da xerarquía. Se o marco actual xa é unha xanela superior, o documento créase nel.


Tipo de envío (submit)

Especifica o método para transferir a información do formulario completado.

Utilizando o método "Get", os datos de cada control transmítense como variábeis de ambiente. Anéxanse ao URL coa forma "?Control1=Contido1&Control2=Contido2&...". A cadea de caracteres é analizada por un programa no servidor do destinatario.

Utilizando o método "Post", créase un documento a partir do contido do formulario enviado ao URL especificado.

Codificar envío (submit)

Especifica o tipo de codificación da transferencia de datos.

Transferencia de datos de información de control

Ao enviar un formulario t√©√Īense en conta os controis dispo√Ī√≠beis en LibreOffice. Transm√≠tense o nome do control e o valor correspondente, se est√° dispo√Ī√≠bel.

Os valores que se transmiten en cada caso dependen do respectivo control. Nos campos de texto transmítense as entradas visíbeis, nas caixas de lista as entradas seleccionadas e nas caixas de verificación e campos de opción os valores referenciais asociados se estes campos están activados.

A forma de transmitir esta información depende do método de transferencia seleccionado (Get ou Post) e da codificación (URL ou Multipart). Se selecciona o método Get e a codificación URL, por exemplo, envíanse os pares de valores coa forma <Name>=<Value>.

LibreOffice ofrece outros controis √° parte dos reco√Īecidos en HTML. Debe terse en conta que nos campos cun formato num√©rico espec√≠fico non se transmiten os valores vis√≠beis, sen√≥n os formatos predefinidos. A seguinte t√°boa mostra como se transmiten os datos dos controis espec√≠ficos de LibreOffice:

Control

Par de valores

Campo numérico, campo monetario

Como separador de decimais utilízase sempre un punto.

Campo de data

A data envíase nun formato fixo (MM-DD-AAAA), independentemente da configuración local do usuario.

Campo de hora

A hora envíase nun formato fixo (HH:MM:SS), independentemente da configuración local do usuario.

Campo de patrón

Os valores dos campos de patrón envíanse como campos de texto, ou sexa, envíase o valor visíbel no formulario.

Control de t√°boa

As columnas individuais transmítense sempre a partir do control de táboa. Envíanse o nome do control e o nome e o valor da columna. Usando o método Get con codificación URL, a transmisión realízase coa forma <Nome do control de táboa>.<Nome da columna>=<Valor>, por exemplo, se o valor depende da columna.