Propiedades de formulario

Nesta caixa de diálogo pode especificar, entre outras cousas, a fonte de datos e os eventos de todo o formulario.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto dun elemento de formulario seleccionado e escolla Formulario

Icona

Formulario


Se introduce datos na caixa de diálogo Propiedades, teña en conta que en determinadas caixas de combinación despregábeis é posíbel facer entradas multiliña. Isto aplícase tanto aos campos en que se poden introducir instrucións SQL como ás propiedades de caixas de texto ou campos de etiquetas. Pode abrir estes campos e introducir texto na lista aberta. Son válidas as seguintes teclas:

Teclas

Efectos

Abre a caixa de combinación.

Pecha a caixa de combinación.

Maiús+Intro

Insire unha nova liña.

Frecha cara a arriba

Sitúa o cursor na liña anterior.

Frecha cara a abaixo

Sitúa o cursor na liña seguinte.

Intro

Completa a entrada no campo e sitúa o cursor no campo seguinte.


Ao igual que no caso das caixas de lista e de combinación, pode abrir ou pechar a lista premendo co rato na frecha situada no extremo dereito do campo. Con todo, aquí a entrada pode introducirse ben na lista aberta ben no campo superior do texto. As propiedades que precisan unha representación de lista son unha excepción, como a propiedade Entradas de lista, que se define para os campos de control Caixa de lista e Caixa de combinación. Neste caso só pode editar entradas cando o campo está aberto.

Xeral

Datos

O separador Datos define as propiedades do formulario que fan referencia á base de datos con que está ligado.

Eventos

O separador Eventos permítelle atribuír unha macro a determinados eventos dun formulario.