Datos

A lapela Datospermítelle atribuír unha fonte de datos ao control seleccionado.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto dun elemento de formulario seleccionado e escolla Control, separador Datos

Abra a barra de ferramentas Controis de formulario ou Deseño de formulario e prema na icona Control, separador Datos


Icona Nota

As bases de datos asociadas a formularios defínense nas Propiedades de formulario. Encontrará as funcións necesarias na lapela Datos.


A configuración da lapela Datos depende do control. Só verá as opcións dispoñíbeis para o control e contexto actuais. Están dispoñíbeis os seguintes campos:

As cadeas baleiras teñen valor NULO

Defines how an empty string input should be handled. If set to Yes, an input string of length zero will be treated as a value NULL. If set to No, any input will be treated as-is without any conversion.

An empty string is a string of length zero (""). Normally, a value NULL is not the same as an empty string. In general, a term NULL is used to denote an undefined value, an unknown value, or "no value has been entered yet."

Database systems vary and they might handle a value NULL differently. Refer to documentations of the database that you are using.

Campo de datos

Nos formularios de base de datos pode ligar os controis aos campos de datos.

Existen varias posibilidades:

  1. Primeiro caso: No formulario só hai unha táboa.

    Especifique en Campo de datos o campo da táboa da fonte de datos cuxo contido quere exhibir.

  2. Segundo caso: O control pertence a un subformulario creado por unha consulta SQL.

    Especifique en Campo de datos o campo da instrución SQL cuxo contido quere exhibir.

  1. Terceiro caso: Caixas de combinación

    No caso das caixas de combinación, o campo da táboa da fonte de datos en que se almacenan os valores introducidos ou seleccionados polo usuario especifícase en Campo de datos. Os valores exhibidos na lista da caixa de combinación baséanse na instrución SQL introducida en Contido da lista.

  2. Cuarto caso: Caixas de lista

    A táboa da fonte de datos non contén os datos que se deben exhibir, senón outra táboa ligada a ela a través dun campo de datos común.

    Se quere que unha caixa de lista exhiba datos dunha táboa ligada á táboa da fonte de datos actual, especifique en Campo de datos o campo da táboa da fonte de datos ao cal fai referencia o contido da caixa de lista. Tamén pode especificar o campo da base de datos que controla a visualización dos datos no formulario. Ese campo de datos ofrece unha ligazón a outra táboa se ambas as táboas poden ligarse a través dun campo de datos común no cal, xeralmente, se almacenan números de identificación únicos. A base de datos cuxo contido se exhibe no formulario especifícase en Contido da lista mediante unha instrución SQL.

As caixas de lista funcionan con referencias que poden efectuarse por medio de táboas ligadas utilizando instrucións SQL (cuarto caso) ou por medio de listas de valores:

Referencias a través de táboas ligadas (instrucións SQL)

Se desexa que unha caixa de lista exhiba datos dunha táboa de base de datos ligada á táboa en que se basea o formulario a través dun campo de datos común, ten que especificar en Campo de datos o campo de ligazón da táboa de formulario.

A ligazón créase cunha instrución Select de SQL que se especifica en Tipo de contido da lista, no campo Contido da lista, se seleccionou "SQL" ou "SQL Nativo". Por exemplo, a táboa "Pedidos" está ligada ao control de formulario actual e na base de datos a táboa "Clientes" está ligada á táboa "Pedidos". Pode utilizar as instrucións SQL da seguinte maneira:

SELECT Nomedocliente, Nºcliente FROM Clientes,

onde "Nomedocliente" é o campo de datos da táboa ligada "Clientes", e "Nºcliente" é o campo da táboa "Clientes" ligado ao campo da táboa de formulario "Pedidos" especificado en Campo de datos.

Referencias a través de listas de valores

Nas caixas de lista pode utilizar listas de valores. As listas de valores son listas que definen valores referenciais. Deste modo, o control do formulario non exhibe directamente o contido dun campo de base de datos, senón os valores atribuídos na lista de valores.

Se traballa con valores referenciais dunha lista de valores, pode ver os valores atribuídos, mais non o contido do campo de datos especificado no formulario en Campo de datos. Se escolle "Lista de valores" na lapela Datos, en Tipo de contido da lista, e atribúe un valor referencial ás entradas da lista visíbeis no formulario en Entradas de lista (na lapela Xeral), os valores referenciais compáranse co contido dos datos do campo de datos especificado. Se un valor referencial se corresponde co contido dun campo de datos, as entradas da lista asociadas móstranse no formulario.

Campo ligado

Icona Nota

Se elimina o contido da cela Campo ligado no explorador de propiedades, o primeiro campo do conxunto de resultados úsase para exhibir e intercambiar datos.


Esta propiedade para caixas de lista define que campo de datos da táboa ligada debe visualizarse no formulario.

Se unha caixa de lista do formulario exhibe o contido dunha táboa ligada á táboa do formulario, defina no campo Tipo de contido da lista se a visualización está determinada por unha orde SQL ou se se accede á táboa (ligada). Coa propiedade Campo ligado, use un índice para especificar o campo de datos da consulta ou da táboa ao cal está ligado o campo de lista.

Icona Nota

A propiedade Campo ligado aplícase a formularios usados para acceder a máis dunha táboa. Se o formulario se basea nunha única táboa, o campo que se mostra no formulario especifícase directamente en Campo de datos. No entanto, se desexa que a caixa de lista mostre datos dunha táboa ligada á táboa actual a través dun campo de datos común, defina o campo de datos ligado mediante a propiedadeCampo ligado.


Se selecciona "SQL" en Tipo de contido da lista, a orde SQL determina o índice que se debe especificar. Se especifica, por exemplo, un orde SQL como "SELECT Campo1, Campo2 FROM Nomedatáboa" en Contido da lista, siga esta táboa:

Campo ligado

Ligazón

-1

The index of the selected entry in the list is linked to the field specified under Data field.

{empty} or 0

O campo de base de datos "Campo1" lígase ao campo especificado en Campo de datos.

1

O campo de base de datos "Campo2" lígase ao campo especificado en Campo de datos.


Se selecciona "Táboa" en Tipo de contido da lista, a estrutura da táboa define o índice que se debe especificar. Se selecciona en Contido da lista, por exemplo, unha táboa de base de datos, siga esta táboa:

Campo ligado

Ligazón

-1

The index of the selected entry in the list is linked to the field specified under Data field.

{empty} or 0

A 1ª columna da táboa lígase ao campo especificado en Campo de datos.

1

A 2ª columna da táboa lígase ao campo especificado en Campo de datos.

2

A 3ª columna da táboa lígase ao campo especificado en Campo de datos.


Cela ligada

Especifica a referencia a unha cela ligada nunha folla de cálculo. O contido ou estado activo do control está ligado ao contido da cela. As seguintes táboas listan os controis e os tipos de ligazón correspondentes:

Caixa de verificación con cela ligada

Acción

Resultado

Marcar a caixa de verificación

Insértase TRUE na celda ligada

Desmarcar a caixa de verificación

Insértase FALSE na celda ligada

A caixa de verificación de estado triplo defínese co estado "indeterminado"

Insértase #NV na celda ligada

Introducir un número ou fórmula que devolva un número na cela ligada

Se o valor introducido é VERDADEIRO ou diferente de 0, márcase a caixa de verificación
Se o valor introducido é FALSO ou 0, desmárcase a caixa de verificación

Borra a celda ligada, introduce texto, ou insire unha formula que devolve texto ou un erro

A caixa de verificación defínese co estado "indeterminado" se é unha caixa de estado triplo; se non, desmárcase.

Marcar a caixa. A caixa Valor referencial contén texto.

O texto da caixa Valor referencial cópiase na cela.

Desmarcar a caixa. A caixa Valor referencial contén texto.

Cópiase unha cadea baleira na cela.

Introducir na cela o mesmo texto que contén a caixa Valor referencial

Selecciónase a caixa de verificación.

Introducir na cela un texto diferente ao que contén a caixa Valor referencial

Desmárcase a caixa de verificación.


Botón de opción con cela ligada

Acción

Resultado

Seleccionar o botón de opción

Insértase TRUE na celda ligada

Desmárcase un botón de opción ao seleccionar outro.

Insértase FALSE na celda ligada

Introducir un número ou fórmula que devolva un número na cela ligada

Se introduce o valor VERDADEIRO ou un número diferente de 0, márcase o botón de opción
Se introduce FALSO ou 0, desmárcase o botón de opción

Borra a celda ligada, introduce texto, ou insire unha formula que devolve texto ou un erro

Desmárcase o botón de opción.

Premer no botón de opción. A caixa Valor referencial contén texto.

O texto da caixa Valor referencial cópiase na cela.

Premer noutro botón de opción do mesmo grupo. A caixa Valor referencial contén texto.

Cópiase unha cadea baleira na cela.

Introducir na cela o mesmo texto que contén a caixa Valor referencial

Selecciónase o botón de opción.

Introducir na cela un texto diferente ao que contén a caixa Valor referencial

Límpase o botón de opción.


Caixa de texto con cela ligada

Acción

Resultado

Introducir texto na caixa de texto

O texto é copiado á celda ligada

Limpar a caixa de texto

Límpase a cela ligada.

Introducir texto ou un número na cela ligada

O texto ou o número cópiase na caixa de texto.

Introducir unha fórmula na cela ligada

O resultado da fórmula cópiase na caixa de texto.

Limpar a cela ligada

Límpase a caixa de texto.


Campo numérico e campo formatado con cela ligada

Acción

Resultado

Introducir un número no campo

O número cópiase na cela ligada.

Limpar o campo

Defínese o valor 0 na cela ligada.

Introducir un número ou fórmula que devolva un número na cela ligada

O número cópiase no campo.

Borra a celda ligada, introduce texto, ou insire unha formula que devolve texto ou un erro

Defínese o valor 0 no campo.


Caixa de lista con cela ligada

As caixas de lista ofrecen soporte a dous tipos diferentes de ligazón. Consulte a propiedade "Contido da cela ligada".

  1. Contido ligado: Sincronízanse o texto da entrada da caixa de lista seleccionada e o contido da cela.

  2. Posición de selección ligada: Sincronízanse a posición do elemento seleccionado na caixa de lista e o valor numérico da cela.

Acción

Resultado

Seleccionar un único elemento da lista

Se está ligado o contido, cópiase o texto do elemento na cela ligada.

Se está ligada a selección, cópiase a posición do elemento seleccionado na cela ligada. Por exemplo, se seleccionou o terceiro elemento, cópiase o número 3.

Seleccionar varios elementos da lista

Insértase #NV na celda ligada

Desmarcar todos os elementos da lista

Se está ligado o contido, límpase a cela ligada.

Se está ligada a selección, introdúcese o valor 0 na cela ligada.

Introducir texto ou un número na cela ligada

Se está ligado o contido, localiza e selecciona un elemento de lista idéntico.

Se está ligada a selección, selecciónase o elemento de lista situado na posición especificada (o número 1 corresponde ao primeiro elemento). Se non se encontra, desmárcanse todos os elementos.

Introducir unha fórmula na cela ligada

Localiza e selecciona un elemento da lista que coincida co resultado da fórmula e co modo de ligazón

Limpar a cela ligada

Desmarca todos os elementos da caixa de lista

Cambiar o contido do intervalo de orixe da lista

Os elementos da caixa de lista actualízanse de acordo co cambio preservándose a selección. Isto pode actualizar a cela ligada.


Caixa de combinación con cela ligada

Acción

Resultado

Introducir texto no campo de edición da caixa de combinación ou seleccionar unha entrada na lista despregábel

O texto é copiado á celda ligada

Limpar o campo de edición da caixa de combinación

Límpase a cela ligada.

Introducir texto ou un número na cela ligada

O texto ou o número cópiase no campo de edición da caixa de combinación.

Introducir unha fórmula na cela ligada

O resultado da fórmula cópiase no campo de edición da caixa de combinación.

Limpar a cela ligada

Límpase o campo de edición da caixa de combinación.

Cambiar o contido do intervalo de orixe da lista

Os elementos da caixa de lista despregábel actualízanse de acordo co cambio. O campo de edición da caixa de combinación e a cela ligada non se modifican.


Contido da cela ligada

Seleccione o modo de ligazón das caixas de lista coas celas ligadas nas follas de cálculo.

  1. Contido ligado: Sincronízanse o texto da entrada da caixa de lista seleccionada e o contido da cela. Seleccione "A entrada seleccionada"

  2. Posición de selección ligada: Sincronízanse a posición do elemento seleccionado na caixa de lista e o valor numérico da cela. Seleccione "Posición da entrada seleccionada"

Contido da lista

En formularios de bases de datos, especifica a fonte de datos do contido de lista do elemento de formulario. Este campo pode usarse para definir unha lista de valores para documentos sen conexión con bases de datos.

No caso de formularios de base de datos, a fonte de datos determina as entradas da caixa de combinación ou de lista. Dependendo do tipo seleccionado, pode escoller entre diferentes fontes de datos en Contido da lista, se eses obxectos existen na base de datos. Aquí ofrécense os obxectos de base de datos dispoñíbeis do tipo seleccionado en Tipo de contido da lista. Se a visualización do control depende dunha instrución SQL, esta introdúcese aquí.

Exemplos de instrucións SQL:

For list boxes, an SQL statement may have the following form:

SELECT campo1, campo2 FROM táboa,

"táboa" é a táboa cuxos datos se mostran na lista do control (táboa de lista). "campo1" é o campo de datos que define as entradas visíbeis no formulario; o seu contido móstrase na caixa de lista. "campo2" é o campo da táboa de lista ligado á táboa do formulario (táboa de valores) a través do campo especificado en Campo de datos cando se selecciona o valor 1 en Campo ligado.

For combo boxes, an SQL statement may take the following form:

SELECT DISTINCT campo FROM táboa,

"campo" é un campo de datos da táboa de lista "táboa" cuxo contido se mostra na lista da caixa de combinación.

Listas de valores para documentos HTML

No caso de formularios HTML, pode introducir unha lista de valores en Contido da lista. Seleccione a opción "Lista de valores" en Tipo de contido da lista. Os valores introducidos non serán visíbeis no formulario e utilizaranse para atribuír valores ás entradas visíbeis. As entradas realizadas en Contido da lista corresponden á etiqueta HTML <OPTION VALUE=...>.

Durante a transferencia de datos dunha entrada seleccionada nunha caixa de lista ou de combinación, téñense en conta tanto a lista dos valores exhibidos no formulario, introducidos no separador Xeral, en Entradas da lista, como a lista de valores introducida no separador Datos, en Contido da lista. Se na posición seleccionada da lista de valores (<OPTION VALUE=...>) hai algún texto (non baleiro), este é o que se transmite. En caso contrario, envíase o texto exhibido no control (<OPTION>).

Se desexa engadir á lista de valores unha cadea baleira, introduza o valor "$$$empty$$$" en Contido da lista na posición correspondente (teña en conta as maiúsculas/minúsculas). LibreOffice interpreta esta entrada como unha cadea baleira e atribúea á respectiva entrada de lista.

A seguinte táboa mostra as conexións entre HTML, JavaScript e o campo Contido da lista de LibreOffice utilizando como exemplo a caixa de lista "ListBox1". Aquí, "Elemento" designa unha entrada de lista visíbel no formulario:

Etiqueta HTML

JavaScript

Entrada da lista de valores do control (Contido da lista)

Datos transmitidos

<OPTION>Elemento

Imposíbel

""

A entrada da lista visíbel ("ListBox1=Elemento")

<OPTION VALUE="Value">Elemento

ListBox1.options[0].value="Valor"

"Valor"

O valor atribuído á lista ("ListBox1=Valor")

<OPTION VALUE="">Elemento

ListBox1.options[0].value=""

"$$$empty$$$"

Unha cadea baleira ("ListBox1=")


Intervalo da cela de orixe

Introduza un intervalo de celas que conteña as entradas dunha caixa de lista ou de combinación dunha folla de cálculo. Se introduce un intervalo con varias columnas, para encher o control só se usa o contido da columna situada no extremo esquerdo.

Proposta de filtro

Ao deseñar o seu formulario pode definir a propiedade "Proposta de filtro" para cada caixa de texto do separador Datos da caixa de diálogo Propiedades correspondente. Nas seguintes buscas en modo filtro, pode utilizar toda a información contida neses campos. O contido do campo pode seleccionarse mediante a función Completar automaticamente. No entanto, teña en conta que esta función require unha maior cantidade de espazo de memoria e de tempo, especialmente cando se utiliza en bases de datos grandes, polo que debe usarse con moderación.

Tipo de contido da lista

Determina os datos con que se deben encher as listas nas caixas de combinación e de lista.

A opción "Lista de valores" determina que aparezan no control as entradas introducidas no campo Entradas de lista da lapela Xeral. En formularios de bases de datos pode usar valores referenciais (consulte a sección Referencias a través de listas de valores).

Se o contido do control é lido a partir dunha base de datos, pode determinar o tipo de fonte de datos coas outras opcións. Por exemplo, pode escoller entre táboas e consultas.

Valor referencial (activado)

Pode atribuír aos botóns de opción e caixas de verificación un valor referencial que se remitirá ao servidor cando se envíe o formulario. Nos formularios de base de datos, o valor introducido grávase no campo da base de datos atribuído ao campo de control.

Valores referenciais para formularios de base de datos

Reference values are useful if you design a web form and the information on the status of the control is to be transmitted to a server. If the control is clicked by the user, the corresponding reference value is sent to the server.

Por exemplo, se ten dous campos de control para as opcións "feminino" e "masculino" e atribúe o valor referencial 1 para o campo "feminino" e o valor 2 para o "masculino", o valor 1 transmítese ao servidor ao premer no campo "feminino" e o valor 2 ao premer en "masculino".

Valores referenciais para formularios de base de datos

No caso dos formularios de base de datos, pode caracterizar o estado das opcións ou caixas de verificación mediante o valor referencial e almacenalo na base de datos. Se ten tres opcións (por exemplo, "en proceso", "concluído" e "reenvío"), cos seus respectivos valores referenciais ("Porfacer", "Fin" e "Reenv"), eses valores aparecen na base de datos ao premer na opción correspondente.

Valor referencial (desactivado)

Check boxes and radio buttons in spreadsheets can be bound to cells in the current document. If the control is enabled, the value you enter in Reference value (on) is copied to the cell. If the control is disabled, the value from Reference value (off) is copied to the cell.