Propiedades de control

Abre unha caixa de diálogo que permite editar as propiedades dun control seleccionado.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto dun elemento de formulario seleccionado e escolla Control

Icona

Control


Icona Nota

Á caixa de diálogo Propiedades só se pode acceder se está en modo deseño e ten un control seleccionado.


Se introduce datos na caixa de diálogo Propiedades, teña en conta que en determinadas caixas de combinación despregábeis é posíbel facer entradas multiliña. Isto aplícase tanto aos campos en que se poden introducir instrucións SQL como ás propiedades de caixas de texto ou campos de etiquetas. Pode abrir estes campos e introducir texto na lista aberta. Son válidas as seguintes teclas:

Teclas

Efectos

Abre a caixa de combinación.

Pecha a caixa de combinación.

Maiús+Intro

Insire unha nova liña.

Frecha cara a arriba

Sitúa o cursor na liña anterior.

Frecha cara a abaixo

Sitúa o cursor na liña seguinte.

Intro

Completa a entrada no campo e sitúa o cursor no campo seguinte.


Ao igual que no caso das caixas de lista e de combinación, pode abrir ou pechar a lista premendo co rato na frecha situada no extremo dereito do campo. Con todo, aquí a entrada pode introducirse ben na lista aberta ben no campo superior do texto. As propiedades que precisan unha representación de lista son unha excepción, como a propiedade Entradas de lista, que se define para os campos de control Caixa de lista e Caixa de combinación. Neste caso só pode editar entradas cando o campo está aberto.

Xeral

A lapela Xeral permítelle definir as propiedades xerais dun control de formulario. Estas propiedades dependen do tipo de control. Non todas as propiedades mostradas a continuación están dispoñíbeis para todos os controis.

Datos

A lapela Datospermítelle atribuír unha fonte de datos ao control seleccionado.

Eventos

No separador Eventos pode ligar macros a eventos que acontecen nos campos de control dun formulario.

Data (for XML Form Documents)

A páxina guía Datos da caixa de diálogo para un documento Formulario XML Propiedades ofrece algunhas opcións de formularios XML.