Propiedades especiais dos campos formatados

Formato: Para definir a propiedade Formato , prema no botón ... situado na liña Formato da caixa de diálogo Propiedades: Campo formatado. Aparecerá a caixa de diálogo Formato numérico.

Se o campo formatado está conectado ao campo de texto dunha base de datos, as entradas dese campo trátanse como texto. Se está conectado a un campo da base de datos que pode mostrarse en forma numérica, as entradas trátanse como números. A data e a hora tamén se tratan internamente como números.

Valor mínimo e Valor máximo: Introduza os valores numéricos mínimo e máximo dun campo formatado. Os valores mínimo e máximo determinan a saída dos datos existentes (por exemplo: se o valor mínimo é 5 e o campo da base de datos conectada contén o valor enteiro 3, a saída é 5, mais o valor contido na base de datos non se modifica) e a entrada de novos datos (por exemplo: se o valor máximo é 10 e introduce 20, a entrada corríxese e na base de datos gárdase 10). Se non se completan os campos Valor mínimo e Valor máximo non se aplica ningún límite. No caso dos campos formatados conectados a un campo de texto da base de datos, non se aplican nin eses valores nin o Valor predefinido.

Valor predefinido: Este valor establécese como o predefinido para os novos rexistros.