Mostrar funcións de debuxo

Prema para abrir ou pechar a barra Debuxo, onde pode engadir formas, liñas, texto e textos explicativos ao documento actual.

A barra de ferramentas Debuxo actívase e desactívase mediante unha icona situada na barra de ferramentas Estándar dos documentos de Writer e Calc.

Icona

Mostrar funcións de debuxo

Icona Suxestión

You can change which buttons are visible in the toolbars. Right-click a toolbar to access the Visible Buttons command.


Selección

Icona

Permítelle seleccionar obxectos no documento. Para seleccionar un só obxecto, prema coa frecha nel. Para seleccionar máis dun, arrastre un marco de selección ao redor dos obxectos. Para engadir un obxecto a unha selección, prema Maiús e despois no obxecto.

Line

Icona

Debuxa unha liña recta ao arrastrar o apuntador. Para restrinxir a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Icona Suxestión

Para introducir un texto nunha liña, prema dúas veces nela e escriba ou pegue o texto. A dirección do texto corresponde á dirección en que arrastrou para debuxar a liña. Para ocultala seleccione Invisíbel na caixa Estilo de liña situada na barra Propiedades de obxecto de debuxo.


Rectángulo

Icona

Debuxa un rectángulo ao arrastrar o apuntador. Para debuxar un cadrado, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra. Prema no lugar onde desexa situar un dos cantos do rectángulo e arrastre ata alcanzar o tamaño desexado.

Elipse

Icona

Debuxa unha forma oval ao arrastrar o apuntador. Prema no lugar onde desexa debuxar a forma oval e arrastre ata alcanzar o tamaño desexado. Para debuxar un círculo, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Polígono

Icona

Debuxa unha liña composta dunha serie de segmentos en liña recta. Arrastre para debuxar un segmento da liña, prema para definir o seu punto final e arrastre para debuxar un novo segmento. Prema dúas veces para rematar o debuxo da liña. Se o fai no seu punto inicial creará unha forma pechada.

Se ao debuxar un polígono mantén premida a tecla Maiús, os novos puntos situaranse en ángulos de 45 graos.

O modo Editar puntos permítelle modificar de forma interactiva os puntos do polígono.

Curva

Icona

Debuxa unha curva de Bézier suave. Prema no lugar onde desexa que comece a curva, arrastre, solte e mova o apuntador ata o lugar onde desexa que remate a curva e prema. Mova o apuntador e prema de novo para engadir un segmento de liña recta á curva. Prema dúas veces para rematar o debuxo da curva. Se o fai no seu punto inicial creará unha forma pechada. O arco da curva determínao a distancia percorrida ao arrastrar.

Liña de forma libre

Icona

Draws a freeform line where you drag in the current document. To end the line, release the mouse button. To draw a closed shape, release the mouse button near the starting point of the line.

Arco

Icona

Debuxa un arco. Para facelo, arrastre unha forma oval ata alcanzar o tamaño desexado e despois prema para definir o punto inicial do arco. Mova o apuntador ata o lugar onde desexe situar o punto final e prema. Non é necesario premer na forma oval. Para debuxar un arco baseado nun círculo, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Sector elíptico

Icona

Debuxa unha forma chea definida polo arco dunha forma oval e por dúas liñas de raio. Para debuxar un sector elíptico, arrastre unha forma oval ata alcanzar o tamaño desexado e prema para definir a primeira liña de raio. Mova o apuntador ata o lugar onde desexa situar a segunda liña de raio e prema. Non é necesario premer na forma oval. Para debuxar un sector circular, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Segmento circular

Icona

Debuxa unha forma chea definida polo arco dun círculo e por unha liña de diámetro. Para debuxar un segmento circular, arrastre un círculo ata alcanzar o tamaño desexado e prema para definir o punto inicial da liña de diámetro. Mova o apuntador ata o lugar onde desexa situar o punto final da liña de diámetro e prema. Non é necesario premer no círculo. Para debuxar un segmento elíptico, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Text Box

Icona

Debuxa unha caixa de texto co texto en horizontal ao arrastrar. Arrastre unha caixa de texto ata alcanzar o tamaño desexado en calquera lugar do documento e escriba ou pegue o texto. Rode a caixa de texto para obter un texto rodado.

Animación de texto

Icona

Insire texto animado con dirección horizontal.

Textos explicativos

Icona

Debuxa, desde onde se arrastra, unha liña que remata nun texto explicativo rectangular con dirección horizontal. Para redimensionar un texto explicativo arrastre unha das súas agarradoiras. Para engadirlle texto, prema no seu bordo e escriba ou pegue o texto. Pode arredondalo arrastrando a agarradoira do canto maior cando o apuntador se converte nunha man.

Formas básicas

Abre a barra de ferramentas Formas básicas, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Formas básicas

Símbolos

Abre a barra de ferramentas Símbolos, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Símbolos

Frechas largas

Abre a barra de ferramentas Frechas largas, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Frechas largas

Flowchart

Abre a barra de ferramentas Frechas largas, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Fluxogramas

Textos explicativos

Abre a barra de ferramentas Textos explicativos, que permite inserir elementos gráficos no documento.

Icona

Textos explicativos

Estrelas e faixas

Abre a barra de ferramentas Símbolos, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Estrelas

Puntos

Permítelle editar puntos no seu debuxo.

Galería de Fontwork

Opens the Fontwork dialog from which you can insert styled text not possible through standard font formatting into your document.

Icona

Galería de Fontwork

Do ficheiro

Inserts an image into the current document .

Icona

Image

Activar/Desactivar extrusión

Activa e desactiva os efectos 3D dos obxectos seleccionados.

Soporte para idiomas asiáticos

These commands can only be accessed after you enable support for Asian languages in - Language Settings - Languages.

Textos explicativos verticais

Icona

Debuxa, desde onde se arrastra, unha liña que remata nun texto explicativo rectangular con dirección vertical. Para redimensionar o texto explicativo arrastre unha das súas agarradoiras. Para engadir texto prema o seu bordo e escriba ou pegue o texto. Pode arredondalo arrastrando a agarradoira do canto maior cando o apuntador se converte nunha man. Só dispoñíbel cando está activado o soporte para idiomas asiáticos.

Texto vertical

Icona

Debuxa unha caixa de texto con dirección vertical ao premer ou arrastrar o cursor. Prema calquera lugar do documento e escriba ou pegue o seu texto. Tamén pode mover o cursor ata o lugar onde desexa engadir o texto, arrastrar unha caixa de texto e escribir ou pegar o texto. Só dispoñíbel cando está activado o soporte para idiomas asiáticos.