Texto
Imprime o documento ou selección actuais ou as páxinas que vostede indique. Tamén pode establecer as opcións de impresión do documento actual.As opcións de impresión poden variar segundo a impresora e o sistema operativo que estea a usar.
O diálogo Imprimir consiste de tres partes partes principais: Unha vista previa con botóns de navegación, varias páxinas en lapelas con elementos de control específicos do tipo de documento actual e o botóns Imprimir, Cancelar e Axuda.
Se soamente desexa saber como imprimir un documento, prema calquera das ligazóns seguintes.
Imprimir documentos de texto:
Imprimir follas de cálculo:
Imprimir presentacións:
Impresión xeral:

As opcións que se definan no diálogo Imprimir só son válidas para o traballo de impresión actual que se inicie ao premer no botón Imprimir. Se desexa cambiar algunha opción permanentemente, abra Ferramentas - Opcións LibreOffice (nome do aplicativo) - Imprimir.
Para definir as opcións predefinidas de impresión do LibreOffice para os documentos de texto, escolla Ferramentas - Opcións - LibreOffice Writer - Imprimir.
Para definir as opcións predefinidas de impresión do LibreOffice para os documentos de folla de cálculo, escolla Ferramentas - Opcións - LibreOffice Calc - Imprimir.
To set the default LibreOffice printer options for presentation documents, choose Tools - Options - LibreOffice Impress - Print.

Prema Maiús+F1 ou escolla
e sinale calquera elemento de control do diálogo Imprimir para ver un texto de axuda extenso.Previsualización
A previsualización mostra a aparencia que terá cada folla de papel. Pode examinar as distintas follas de papel cos botóns que hai por debaixo da previsualización.
Xeral
Na lapela Xeral atópanse os elementos de control máis importantes para imprimir. Pode definir que contido do documento se vai imprimir. Pode seleccionar a impresora e abrir o diálogo de configuración da impresora.
Especifica se se imprimen as imaxes do documento de texto.
Especifica se se imprimen os campos de control do documento de texto.
Estando esta opción activada, imprímense páxinas en branco inseridas automaticamente. Isto é útil cando se imprime por dúas caras. Nos libros, por exemplo, pódese definir o estilo de parágrafo "capítulo" de forma que comece sempre nunha páxina impar. Se o capítulo precedente termina nunha páxina impar, LibreOffice insire unha páxina en branco co número par correspondente. Este opción serve para estabelecer se se imprime esta páxina par ou non.
Especifica se desexa incluír o nome do documento na impresión.
Especifica se se debe incluír o contido da xanela Ordes na parte inferior da impresión.
LibreOffice Writer / Calc / Impress / Draw / Math
A lapela co mesmo nome que o aplicativo pode usarse para definir o contido, cor, tamaño e páxinas que se desexe imprimir. Defínense opcións que son específicas do tipo de documento actual.
Deseño de páxina
A lapela Deseño da páxina pódese usar para aforrar follas de papel imprimindo varias páxinas en cada unha. Aquí defínense a disposición e tamaño das páxinas que se produzan sobre o papel físico.
Cambie a disposición das páxinas que vaia imprimir en cada folla de papel. A previsualización mostra a aparencia que terá cada folla de papel final.
Con algúns tipos de documentos pódese escoller imprimir un folleto.
Opcións
Na lapela Opcións pódense indicar algunhas opcións adicionais para o traballo de impresión actual. Aquí pódese indicar que se imprima nun ficheiro en troques de imprimir nunha impresora.
Suxestións para UNIX
Tamén pode empregar o programa de configuración de impresoras spadmin para indicar opcións de impresión adicionais.