Etiquetas

Indique o texto da etiqueta e escolla o seu tamaño de papel.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Ficheiro - Novo - Etiquetas - Etiquetas


Inscrición

Introduza o texto que desexa que apareza na(s) etiqueta(s).

Texto da etiqueta

Introduza o texto que desexe que apareza na etiqueta. Tamén pode inserir un campo dunha base de datos.

Enderezo

Crea unha etiqueta co seu enderezo de remitente. O texto que haxa na caixa Texto da etiqueta é substituído.

Icona Nota

Para cambiar o seu enderezo de remitente, escolla - LibreOffice e a seguir prema a lapela Datos do usuario.


Base de datos

Seleccione a base de datos que desexe empregar como orixe dos datos da etiqueta.

Táboa

Seleccione a táboa da base de datos que conteña o(s) campo(s) que desexe empregar na etiqueta.

Campo da base de datos

Select the database field that you want, and then click the arrow to the left of this box to insert the field into the Label text box.

O nome do campo da base de datos está limitado por parénteses na caixa Texto de etiqueta. Se o desexa, pode separar os campos da base de datos con espazos. Prema Intro para inserir un campo de base de datos nunha liña nova.

Formato

You can select a pre-defined size format for your label or a size format that you specify on the Format tab.

Continuo

Imprime etiquetas en papel continuo.

Folla

Imprime etiquetas en follas individuais.

Marca

Escolla a marca de papel que desexe empregar.Cada marca ten os seus propios formatos de tamaño.

Tipo

Seleccione o formato de tamaño que desexa empregar. Os formatos dispoñíbeis dependen da marca seleccionada na lista Marca. Se desexa empregar un formato de etiqueta personalizado, seleccione [Usuario] e a seguir prema na lapela Formato para definir o formato.

Información

O tipo de papel e as dimensións da etiqueta preséntanse no fondo da área Formato.