Opcións de exportación EPS

Define as opcións de exportación de imaxes.

Para acceder a esta orde...

D'oh! You found a bug (text/shared/00/00000401.xhp#exportgraphic not found).


Ao exportar elementos gráficos a un ficheiro pódese escoller o tipo de ficheiro. Coa maioría dos tipos de ficheiro admitidos ábrese un diálogo no que se poden indicar as opcións da exportación.

Os tipos de ficheiro seguintes non mostran ningún diálogo de opcións: PWP, RAS, SVG, TIFF, XPM.

O resto dos tipos de ficheiro mostran diálogos de opcións nos que se pode indicar a altura e a largura das imaxes exportadas.

Dependendo do tipo de ficheiro é posíbel indicar algunhas outras opcións. Prema Maiúsculas+F1 e pase o rato por riba do control para ver un texto de axuda estendido.

Largura

Indica a largura.

Altura

Indica a altura.

Resolución

Inclúe unha fórmula cordial de despedida, seleccióneo na caixa de lista.

Máis opcións

Cos ficheiros JPEG pódese indicar a profundidade da cor e a calidade.

Cos ficheiros BMP pódese indicar a compresión e a codificación RLE.

Cos ficheiros PBM, PGM e PPM pódese indicar a codificación.

Cos ficheiros PNG pódese indicar a compresión e o modo de entrelazado.

Cos ficheiros GIF pódese indicara transparencia e o modo de entrelazado.

Cos ficheiros EPS pódese indicar a vista previa, o formato de cor, a compresión e a versión.

Especifica se se exporta unha previsualización no formato TIFF xunto co ficheiro PostScript.

Especifica se se exporta unha previsualización monocromática en formato EPSI xunto co ficheiro PostScript. Este formato só contén caracteres imprimíbeis do código ASCII de 7 bits.

Neste nivel non se dispón de compresión. Seleccione a opción Nivel 1 se a súa impresora PostScript non ofrece os recursos do nivel 2.

Seleccione a opción Nivel 2 se o seu dispositivo de saída ofrece soporte a mapas de bits a cores, imaxes da paleta e imaxes comprimidas.

Para obter máis información sobre filtros, consulteInformación sobre filtros de importación e exportación.