Recursos de LibreOffice Draw

LibreOffice Draw permite crear debuxos simples e complexos e exportalos en diversos formatos de imaxe. Tamén pode inserir nos seus debuxos táboas, gráficas, fórmulas e outros elementos creados en programas de LibreOffice.

Gráficos vectoriais

LibreOffice Draw crea gráficos vectoriais utilizando liñas e curvas definidas con vectores matemáticos. Os vectores describen liñas, elipses e polígonos, de acordo coa xeometría de cada forma.

Crear obxectos 3D

En LibreOffice Draw pode crear obxectos 3D simples (como cubos, esferas e cilindros), así como modificar a súa fonte de luz.

Grades e liñas guía

As grades e guías fornecen un auxilio visual para axudalo a aliñar obxectos no debuxo. Tamén pode aliñar obxectos a unha liña da grade, a unha guía ou ao bordo doutro obxecto.

Conectar obxectos para mostrar relacións

Para mostrar a relación entre obxectos, pode conectalos en LibreOffice Draw utilizando liñas especiais chamadas "conectores". Estas liñas anéxanse aos puntos de pegado en obxectos de debuxo e permanecen unidas durante o desprazamento dos obxectos conectados. Os conectores son útiles para crear organogramas e diagramas técnicos.

Mostrar dimensións

Os diagramas técnicos mostran frecuentemente as dimensións dos obxectos no debuxo. En LibreOffice Draw pode utilizar liñas de dimensión para calcular e mostrar dimensións lineais.

Galería

A Galería contén imaxes, animacións, sons e outros elementos que pode inserir e utilizar en debuxos e noutros programas de LibreOffice.

Formatos de ficheiros gráficos

LibreOffice Draw pode exportar en múltiplos formatos gráficos de ficheiros, como BMP, GIF, JPG, e PNG.