Barras de ferramentas

Esta sección fornece unha visión xeral sobre as barras de ferramentas dispoñíbeis en LibreOffice Draw.

Esta vista xeral describe a configuración predefinida para as barras de ferramentas de LibreOffice.

Barra estándar

A barra estándar está dispoñíbel en todos os aplicativos LibreOffice.

Barra Debuxo

A barra Debuxo contén as principais ferramentas de debuxo.

Barra de ferramentas Liña e enchemento

A barra de ferramentas Liña e enchemento contén ordes para o modo de edición actual.

Barra de táboa

A barra Táboa contén as funcións necesarias para traballar con táboas. Aparece ao situar o cursor dentro dunha táboa.

Barra Formatado de texto

Para mostrar a barra Formatado texto, coloque o cursor no interior dun obxecto de texto.

Barra de imaxes

Utilice a barra Imaxe para definir as opcións de cor, contraste e brillo dos obxectos gráficos seleccionados.

Barra Editar puntos

A barra Editar puntos aparece cando selecciona un polígono e preme en Editar puntos.

Barra Opcións

Pode mostrar a barra Opcións escollendo Ver - Barras de ferramentas - Opcións.

Desagrupar

Mostra ou oculta o Color Bar . Para modificar ou cambiar a táboa de cores que aparece, seleccione Formatar -. Area e prema en Cores guía

Barra de estado

A barra de estado mostra información sobre o documento, incluído o obxecto seleccionado no momento en que se abre. Premendo dúas veces nalgúns dos elementos da barra de estado, ábrese unha caixa de diálogo relacionada.

Configuración 3D

Velaquí as propiedades dos controis da barra de ferramentas Configuración 3D dos obxectos 3D seleccionados:

Fontwork

A barra de ferramentas Fontwork ábrese ao seleccionar un obxecto Fontwork.

Inserir