Duplicar obxectos

Pode crear copias duplicadas ou múltiplas dun obxecto. As copias poden ser idénticas ou diferir en tamaño, cor, orientación e lugar.

O seguinte exemplo crea un conxunto de moedas realizando copias múltiplas dunha elipse simple.

  1. Utilice a ferramenta Elipse para debuxar un elipse sólida amarela.

  2. Seleccione a elipse e escolla Editar - Duplicar

  3. Introduza 12 en Número de copias.

  4. Para diminuír progresivamente o tamaño das moedas introduza un valor negativo para a Largura e a Altura.

  5. Para definir unha transición de cores para as moedas seleccione unha cor nas caixas Inicial e Final. A cor Inicial aplícase ao obxecto que está a duplicar.

  6. Prema en Aceptar para crear as copias.