Debuxar sectores e segmentos

A barra de ferramentas Elipse contén ferramentas para debuxar elipses e círculos. Tamén pode debuxar segmentos e sectores de círculos e elipses.

Para debuxar o sector dun círculo ou dunha elipse:

  1. Abra a barra de ferramentas Elipses e prema na icona Segmento circular ou Sector elíptico Icona. O apuntador do rato transfórmase nunha cruz cunha pequena icona de sector.

  2. Para crear o círculo, coloque o apuntador no bordo do círculo que quere debuxar e arrastre.

    Icona Suxestión

    Para crear un círculo arrastando desde o centro, prema ao arrastar.


  3. Cando o círculo alcance o tamaño que vostede quere, solte o botón do rato. Aparecerá unha liña que se corresponde co raio do círculo dentro do círculo.

  4. Coloque o apuntador do rato onde desexa situar o primeiro límite do sector e prema.

    Icona Nota

    Pode premer en calquera lugar do documento, xa que a liña do raio que acompaña o cursor restrínxese aos límites do círculo.


  5. Coloque o apuntador do rato no lugar onde desexa situar o segundo límite do sector e prema. Móstrase o sector completo.

Para debuxar un segmento de círculo ou elipse siga os pasos para a creación dun sector baseado nun círculo.

Para debuxar un arco baseado nunha elipse escolla unha das iconas de arco e siga os mesmos pasos para a creación dun sector baseado nun círculo.