Dispor, aliñar e distribuír obxectos

Dispor obxectos

Cada obxecto situado no seu documento está enrimado sucesivamente sobre o obxecto anterior. Para reorganizar a orde na morea dun determinado obxecto seleccionado, proceda da seguinte maneira.

  1. Prema no obxecto ao que lle quere mudar a súa posición.

  2. Escolla Modificar - Dispor para abrir o menú de contexto e escoller unha das opcións de disposición:

    Traer ata a fronte sitúa o obxecto enriba do resto

    Traer cara adiante move o obxecto unha posición cara adiante no conxunto de obxectos

    Enviar cara atrás move o obxecto unha posición cara atrás no conxunto de obxectos

    Enviar para atrás sitúa o obxecto detrás do resto

    Detrás do obxecto sitúa o obxecto detrás do obxecto que seleccione

Dispor un obxecto detrás doutro

  1. Prema no obxecto ao que lle quere mudar a súa posición.

  2. Escolla Modificar - Dispor para abrir o menú de contexto e escoller Detrás do obxecto. O apuntador do rato transfórmase nunha man.

  3. Prema no obxecto detrás do cal quere situar o obxecto seleccionado.

Inverter a orde de amoreamento de dous obxectos

  1. Prema na tecla Maiús e nos dous obxectos para seleccionalos.

  2. Escolla Modificar - Dispor para abrir o menú de contexto e escolla Inverter.

Aliñar obxectos

A función Aliñamento permite aliñar uns obxectos en relación aos outros ou á páxina.

  1. Seleccione un obxecto para aliñalo á páxina ou seleccione varios obxectos para aliñalos uns aos outros.

  2. Escolla Modificar - Aliñamento e seleccione unha das opcións.

Distribuír obxectos

Se selecciona tres ou máis obxectos en Draw, tamén pode usar a orde Distribución para distribuír o espazamento vertical e horizontal entre os obxectos de forma uniforme.

  1. Seleccione tres ou máis obxectos para distribuílos.

  2. Escolla Modificar - Distribución.

  3. Seleccione a opción de distribución horizontal e vertical e prema en Aceptar.

Os obxectos seleccionados distribúense uniformemente ao longo do eixe horizontal ou vertical. Os dous obxectos máis extremos úsanse como puntos de referencia e non se moven cando se aplica a orde Distribución.