Barras de ferramentas

Este submenú lista as barras de ferramentas dispoñíbeis nas follas de cálculo.Esta vista xeral describe a configuración predefinida para as barras de ferramentas de LibreOffice.

Barra estándar

A barra estándar está dispoñíbel en todos os aplicativos LibreOffice.

Barra Formatado

A barra Formatado contén as ordes básicas para aplicar manualmente o formatado.

Barra Ferramentas

Use a barra de ferramentas para acceder ás ordes máis usados.

Barra de fórmulas

Utilice esta barra para introducir fórmulas.

Barra Debuxo

A barra Debuxo contén ferramentas de edición usadas con frecuencia. Prema na frecha colocada xunto a unha icona para abrir unha barra de ferramentas con ordes adicionais.

Barra de imaxes

A barra Imaxe amósase ao inserir ou seleccionar unha imaxe na folla.

Barra Propiedades de obxecto de debuxo

A barra Propiedades de obxecto de debuxo contén ordes de formatado e de aliñamento para os obxectos seleccionados na folla.

Barra Formatado de texto

A barra Formatado de texto, que aparece no momento en que o cursor está nun obxecto de texto (como un marco de texto ou un obxecto de debuxo) contén ordes de formatado e aliñamento.

Barra de visualización de páxina

A barra Visualización de páxina amósase ao escoller Ficheiro - Visualización de páxina.

Barra de estado

A Barra de estado mostra información sobre a folla actual.

Inserir

Prema na frecha que hai xunto á icona para abrir a barra de ferramentas Inserir, onde é posíbel engadir imaxes e caracteres especiais á folla activa.

Barra de clasificación

A barra Clasificación contén ferramentas que axudan a xestionar documentos de maneira segura.

A barra de ferramentas Clasificación contén caixas de opcións que axudan a seleccionar a seguranza do documento segundo as políticas de categorías BAF e os niveis BAILS. O LibreOffice engade campos personalizados ás propiedades do documento (Ficheiro - Propiedades, lapela Propiedades personalizadas) para almacenar a política de clasificación como metadatos do documento.

Vaia ao menú Ver - Barras de ferramentas e seleccione Clasificación