Enchemento automático de datos tomando como base as celas adxacentes

Use as ordes Enchemento automático ou Serie para encher as celas de forma automática.

Utilizar o Enchemento automático.

O enchemento automático xera series de datos baseados en patróns predefinidos.

  1. Nunha folla, prema nunha cela e escriba un número.

  2. Prema noutra cela e despois prema de novo na cela na que escribiu o número.

  3. Arrastre o controlador de enchemento, situado no canto inferior dereito da cela polas celas que quere encher e solte despois o botón do rato.

    As celas énchense con números ascendentes.

Icona Suxestión

Para crear rapidamente unha lista de días consecutivos, introduza Luns nunha cela e arrastre o controlador de enchemento.


Manteña premido se non quere encher as celas con valores diferentes.

Icona Nota

Se selecciona dúas ou máis celas que conteñan números diferentes e arrastra, as celas restantes énchense co patrón aritmético que se recoñeza nos números. A función de enchemento automático tamén recoñece as listas personalizadas que se configuran en - LibreOffice Calc - Listas de ordenación.


Icona Suxestión

Pode premer dúas veces no controlador de enchemento para encher todas as columnas baleiras do bloque de datos activo. Por exemplo, introduza primeiro xan en A1 e arrastre o controlador de enchemento cara a abaixo ata A12 para ter os doce meses na primeira columna. A seguir, introduza algúns valores en B1 e C1. Seleccione as dúas celas e prema dúas veces no controlador de enchemento. O bloque de datos B1:C12 encherase automaticamente.


Uso de series definidas

  1. Selecccione o intervalo de celas na folla de cálculo que quere encher.

  2. Escolla Folla - Encher celas - Series.

  3. Seleccione os parámetros para a serie.

    Se selecciona unha serie aritmética, o incremento introducido engádese a cada número consecutivo da serie para crear o valor seguinte.

    Se selecciona unha serie xeométrica, o incremento inserido multiplícase por cada número consecutivo para crear o valor seguinte.

    Se selecciona unha serie de data, o incremento introducido engádese á unidade de tempo que especifique.