Recoñecer nomes como referencia
Pódense empregar celas con texto para se referir ás filas ou columnas que conteñen as celas.
Na folla de cálculo de exemplo pódese empregar a cadea «Columna Un» nunha fórmula para se referir ao intervalo de celas B3 a B5 ou «Columna dous» para o intervalo de celas C2 a C5. Tamén se pode empregar «Fila Un» para o intervalo de celas B3 a D3 ou «Fila dous» para o intervalo de celas B4 a D4. O resultado dunha fórmula que empregue un nome de cela, por exemplo SUMA('Columna un'), é 600.
Esta función está activada por omisión. Para desactivala, escolla LibreOffice - PreferenciasFerramentas - Opcións - LibreOffice - Calc - Calcular e desmarque a opción Atopar automaticamente as etiquetas das columnas e das filas.
Se quere que Calc recoñeza un nome automaticamente, ese nome debe comezar cunha letra e estar composto por caracteres alfanuméricos. Se introduce o nome na fórmula vostede, colóqueo entre aspas simples ('). Se nun nome aparece un apóstrofe hai que introducir antes unha barra invertida, por exemplo, «Bar O\'Carro».