Códigos de erro en LibreOffice Calc

A táboa seguinte é un resumo das mensaxes de erro do Calc do LibreOffice. Se o erro se produce na cela que contén o cursor, a mensaxe de erro móstrase na Barra de estado.

Código de erro

Mensaxe

Explicación

###

ningún

A cela non é suficientemente larga para mostrar o contido.

501

Carácter non válido

O carácter nunha fórmula non é válido.

502

Argumento non válido

O argumento da función non é válido. Por exemplo, un número negativo para a función RAÍZC(). Pra a raíz cadrada de valores negativos empregue IMRAÍZ().

503
#NUM!

Operación non válida en punto flotante

A calculation results in an overflow of the defined value range.

504

Erro na lista de parámetros

O parámetro de función non é válido, por exemplo: un texto en vez dun número ou unha referencia de dominio en vez dunha referencia de cela.

508

Erro: falta un par

Falta unha paréntese. Por exemplo, hai paréntese de pechamento, mais non paréntese de abertura.

509

Falta un operador

Falta o operador, por exemplo, "=2(3+4) * ", onde falta o operador entre "2" e "(".

510

Falta unha variábel

Falta unha variábel, por exemplo, cando dous operadores están xuntos "=1+*2".

511

Falta unha variábel

A función require máis variábeis das fornecidas, por exemplo E() e OU().

512

Fórmula excedente

Compiler: the total number of internal tokens, (that is, operators, variables, brackets) in the formula exceeds 8192.

513

Cadea de caracteres excedente

Compilador: un identificador na fórmula excede 64 KB de tamaño. Intérprete: o resultado dunha operación de cadea de caracteres excede 64 KB de tamaño.

514

Fluxo excedente interno.

Tentativa de operación de clasificación con demasiados datos numéricos (máx. 100.000) ou un excedente de cálculo acumulado.

516

Erro interno de sintaxe

Esperábase unha matriz na serie de cálculos, mais non se pode acceder a ela.

517

Erro interno de sintaxe

Código descoñecido, por exemplo, un documento cunha función máis actual cargalo cunha versión anterior que non contén a función.

518

Erro interno de sintaxe

Non é posíbel acceder á variábel

519
#VALUE

Non hai resultado (na cela aparece #VALOR en vez de Err:519!)

The formula yields a value that does not correspond to the definition; or a cell that is referenced in the formula contains text instead of a number.

520

Erro interno de sintaxe

O compilador crea un código de compilación descoñecido.

521

Erro interno de sintaxe

Sen resultado.

522

Referencia circular

Formula refers directly or indirectly to itself and the Iterations option is not set under - LibreOffice Calc - Calculate.

523

O procedemento de cálculo non converxe

Falta un valor de destino da función, ou as referencias iterativas non atinxen o cambio mínimo dentro dos pasos máximos estabelecidos.

524
#REF

Referencias non válidas (en vez de Err:524 a cela contén #REF)

Compilador: non pode determinarse o nome dunha descrición de fila ou columna. Intérprete: nunha fórmula, falta a columna, a fila ou a folla que contén unha cela á que se fai referencia.

525
#NAME?

nomes non válidos (en vez de Err:525, a cela contén #NAME?)

Non foi posíbel avaliar un identificador. Por exemplo, non hai ningunha referencia válida, ningún nome de dominio válido, ningunha etiqueta de columna/fila, ningunha macro, divisor decimal incorreto, suplemento non encontrado.

526

Erro interno de sintaxe

Obsoleto, xa non se usa, mais podería proceder de documentos antigos, se o resultado é unha fórmula dun dominio.

527

Fluxo excedente interno.

Intérprete: as referencias están demasiado encapsuladas. Por exemplo, cando unha cela fai referencia a outra.

532
#DIV/0!

División por cero

Division operator / if the denominator is 0
Some more functions return this error, for example:
VARP with less than 1 argument
STDEVP with less than 1 argument
VAR with less than 2 arguments
STDEV with less than 2 arguments
STANDARDIZE with stdev=0
NORMDIST with stdev=0