Teclas de atallo para follas de cálculo

Icona Nota

Algunha tecla de atallo podería estar atribuída ao sistema e non estar dispoñíbel para LibreOffice. Tente atribuír teclas diferentes para LibreOffice, en Ferramentas - Personalizar - Teclas, ou no seu sistema.


Para encher un intervalo de celas seleccionado coa fórmula introducida na Liña de entrada, prema en +Intro. Manteña premido +Intro+Maiús, se quere aplicar o formato da cela de entrada ao intervalo de cela completo.

Para crear unha matriz na que todas as celas conteñan a mesma información que a que se introduza na liña de entrada, prema Maiúsculas++Intro. Non é posíbel editar os compoñentes da matriz.

Para seleccionar varias celas en diferentes zonas dunha folla, manteña premida a tecla e arrastre en cada unha das zonas.

Para seleccionar varias follas dunha folla de cálculo, manteña premida a tecla , e despois prema nas lapelas co nome que están situadas no bordo inferior da zona de traballo. Para seleccionar só unha folla dunha selección, manteña premida a tecla Maiús e despois prema na lapela co nome da folla.

Para inserir unha quebra de liña manual nunha cela, prema na cela e a seguir prema +Intro.

Para eliminar o contido das celas seleccionadas, prema Borrar para tras. Isto abre o cadro de diálogo Eliminar contido, onde pode escoller os contidos da cela que quere eliminar. Para eliminar o contido das celas seleccionadas sen o cadro de diálogo prema a tecla Suprimir.

Navegar por follas de cálculo

Teclas de atallo

Efecto

+ Re Páx

Move o cursor á primeira cela da folla (A1).

+ Re Páx

Move o cursor até a última cela da folla que conteña datos.

Inicio

Move o cursor até a primeira cela da fila actual.

Fin

Move o cursor até a última cela da fila actual.

Maiúsculas+Inicio

Selecciona as celas desde a cela actual até a primeira cela da fila actual.

Maiúsculas+Fin

Selecciona as celas desde a cela actual até a derradeira cela da fila actual.

Maiúsculas+Re Páx

Selecciona as celas desde a cela actual unha páxina para arriba na columna actual ou estende a selección existente unha páxina para arriba.

Maiúsculas+Av Páx

Selecciona as celas desde a cela actual unha páxina para abaixo na columna actual ou estende a selección existente unha páxina para abaixo.

+ Frecha cara á esquerda

Move o cursor ata o extremo esquerdo do intervalo de datos actual. Se está baleira a columna situada á esquerda da cela que contén o cursor, este móvese ata a primeira columna con datos polo lado esquerdo.

+ Frecha cara á dereita

Move o cursor ata o extremo dereito do intervalo de datos actual. Se está baleira a columna situada á dereita da cela que contén o cursor, este móvese ata a primeira columna con datos polo lado dereito.

+ Frecha cara a arriba

Move o ata o extremo superior do intervalo de datos actual. Se está baleira a fila situada enriba da que contén o cursor, este móvese cara a arriba ata a primeira fila con datos.

+ Frecha cara a abaixo

Move o cursor ata o extremo inferior do intervalo de datos actual. Se está baleira a fila situada debaixo da que contén o cursor, este móvese cara a abaixo ata a primeira fila con datos.

+ Frecha cara á esquerda

Selecciona todas as celas con datos situadas entre a cela actual e a fin dun intervalo continuo de celas con datos, no sentido da frecha premida. Se se utiliza para seleccionar filas e columnas ao mesmo tempo, selecciónase un intervalo de celas rectangular.

+ Re Páx

Desprázase unha folla cara á esquerda.

Na previsualización de páxina: desprázase á páxina de impresión anterior.

+ Av Páx

Desprázase unha páxina cara á dereita.

Na previsualización de páxina: desprázase á páxina de impresión seguintes

+ Re Páx

Desprázase unha pantalla á esquerda.

+ Re Páx

Desprázase unha pantalla á dereita.

+ Re Páx

Engade a folla anterior á selección actual de follas. Se están seleccionadas todas as follas dunha folla de cálculo, esta combinación de teclas de atallo só seleccionará a folla anterior. Activa a folla anterior en lugar da actual.

+ Av Páx

Engade a seguinte folla á selección actual de follas. Se se seleccionan todas as follas dunha folla de cálculo, esta combinación de teclas de atallo só selecciona a seguinte folla. Activa a folla seguinte en lugar da actual.

+ Re Páx

onde (*) é o signo de multiplicación no teclado numérico

Selecciona o intervalo de datos que contén o cursor. Un intervalo é un intervalo de celas contiguas que conteñen datos e que está rodeado de filas e columnas baleiras.

+/

onde (/) é o sinal de división no teclado numérico

Selecciona o intervalo da fórmula de matriz que contén o cursor.

+ Re Páx

Inserir celas (como no menú Inserir - Celas)

+ Re Páx

Eliminar celas (como no menú Editar - Eliminar celas)

Enter (in a selected range)

Baixa o cursor unha cela nun intervalo seleccionado. Para indicar a dirección na que se quere que se mova o cursor, escolla - LibreOffice Calc - Xeral.

+ Re Páx

Mostra ou agocha as fórmulas no canto dos valores en todas as celas.


Icona Nota

A tecla ' está situada a carón da tecla «1» na maioría dos teclados en inglés. Se o seu teclado non mostra esta tecla, pode asignar outra: Escolla Ferramentas - Personalizar, prema na lapela Teclado. Seleccione a categoría «Ver» e a función «Amosar fórmula».


Teclas de función usadas en follas de cálculo

Teclas de atallo

Efecto

+ Re Páx

Mostra o comentario anexo á cela actual

F2

Activa/Desactiva o modo edición e coloca o cursor na fin do contido da cela actual. Prema novamente para abandonar o modo edición.

Se o cursor está nunha caixa de entrada, dunha caixa de diálogo que dispón do botón Minimizar, a caixa de diálogo fica oculta e a caixa de entrada continúa visíbel. Prema novamente en F2 para mostrar a caixa de diálogo completa.

+ Re Páx

Abre o asistente de funcións

+ Re Páx

Despraza o cursor ata a Liña de entrada, onde pode introducir unha fórmula para a cela activa.

+ Re Páx

Abre a caixa de diálogo Definir nomes.

Maiús++F4

Mostra ou oculta o explorador da base de datos.

F4

Reordena as referencias relativas ou absolutas (por exemplo, A1, $A$1, $A1, A$1) no campo de entrada.

F5

Mostra ou oculta o navegador.

Maiús+F5

Rastrexa dependentes.

Maiús+F4

Rastrexa precedentes.

+ Re Páx

Move o cursor desde a Liña de entrada ata a caixa da Área de folla.

F7

Verifica a ortografía na folla activa.

+ Re Páx

Abre o dicionario de sinónimos se a cela activa contén texto.

F8

Activa e desactiva o modo selección adicional. Con este modo, pode usar as teclas de frecha para estender a selección. Tamén pode premer noutra cela para estender a selección.

+ Re Páx

Realza as celas que conteñan valores.

F9

Recalcula as fórmulas cambiadas na folla actual.

+ Re Páx

Recalcula todas as fórmulas de todas as follas.

+ Re Páx

Actualiza a gráfica seleccionada.

+ Re Páx

Abre a xanela Estilos, onde pode aplicar un estilo de formatado ao contido da cela ou á folla activa.

Maiús+F11

Crea un modelo de documento.

+ Re Páx

Actualiza os modelos.

F12

Agrupa o intervalo de datos seleccionado.

+ Re Páx

Desagrupa o intervalo de datos seleccionado.

+ Frecha cara á esquerda

Aumenta a altura da fila actual (só no modo de compatibilidade herdada do OpenOffice.org).

+ Re Páx

Reduce a altura da fila actual (só no modo de compatibilidade herdada do OpenOffice.org).

+ Frecha cara á esquerda

Aumenta a largura da columna activa.

+ Frecha cara á esquerda

Reduce a largura da columna activa.

+ Frecha cara á esquerda

Optimiza a largura da columna ou a altura da fila, baseándose na cela activa.


Formatar celas con teclas de atallo

Os seguintes formatos de cela poden aplicarse co teclado:

Teclas de atallo

Efecto

+ Re Páx

Abrir a caixa de diálogo Formatar as celas

+ Frecha cara a abaixo

Dous decimais, separador de millares

+ Frecha cara a abaixo

Formato exponencial estándar

+ Frecha cara a abaixo

Formato de data estándar

+ Frecha cara a abaixo

Formato monetario estándar

+ Frecha cara a abaixo

Formato de porcentaxe estándar (dous decimais)

+ Frecha cara a abaixo

Formato estándar


Usar o piloto de datos

Teclas

Efecto

Tabulación

Modifica o foco movéndose cara a adiante polas áreas e os botóns da caixa de diálogo.

Maiús + Tab

Modifica o foco movéndose cara a atrás polas áreas e botóns da caixa de diálogo.

frecha cara a arriba

Despraza o foco un elemento cara a arriba na área activa da caixa de diálogo.

frecha cara a abaixo

Despraza o foco un elemento cara a abaixo na área activa da caixa de diálogo.

frecha cara á esquerda

Despraza o foco un elemento cara á esquerda na área activa da caixa de diálogo.

frecha cara á dereita

Despraza o foco un elemento cara á dereita na área activa da caixa de diálogo.

Inicio

Selecciona o primeiro elemento na área de caixa de diálogo activa.

Fin

Selecciona o último elemento na área de caixa de diálogo actual.

+ Frecha cara á dereita

Copia ou despraza o campo activo á área "Fila".

+ Frecha cara á dereita

Copia ou despraza o campo activo á área "Columna".

+ Frecha cara a abaixo

Copia ou despraza o campo actual á área "Datos".

+ Frecha cara a arriba

Despraza o campo activo un lugar cara a arriba.

+ Frecha cara a abaixo

Despraza o campo activo un lugar cara a abaixo.

+ Frecha cara á esquerda

Despraza o campo activo un lugar cara á esquerda.

+ Frecha cara á dereita

Despraza o campo activo un lugar cara á dereita.

+ Re Páx

Despraza o campo activo ata o primeiro lugar.

+ Re Páx

Despraza o campo activo ata o último lugar.

+ Re Páx

Mostra as opcións correspondentes ao campo activo.

Eliminar

Elimina o campo activo da área.