Asc Function

Devolve o valor ASCII (American Standard Code for Information Interchange - Código estándar americano para o intercambio de información) do primeiro carácter dunha expresión de cadea.

Sintaxe:

Asc (Texto As String)

Valor de retorno:

Enteiro

Parámetros:

Text: Any valid string expression. Only the first character in the string is relevant.

Use a función Asc para substituír teclas por valores. Se a función Asc encontra unha cadea en branco, LibreOffice Basic informa dun erro en tempo de execución. Alén dos caracteres ASCII de 7 bits (códigos de 0-127), a función ASCII detecta códigos de teclado non imprimíbeis en código ASCII. Esta función tamén admite caracteres Unicode de 16 bits.

Códigos de erro

5 Chamada de procedemento incorrecta

Exemplo:

Sub ExampleASC

    Print ASC("A") REM devolve 65

    Print ASC("Z") REM devolve 90

    Print ASC("Castro Caldelas") REM devolve 76, xa que só se ten en conta o primeiro carácter

End Sub

ASC