Err Function

Devolve un código de erro que identifica o erro que se produciu durante a execución do programa.

Sintaxe:

Err

Valor de retorno:

Enteiro

Parámetros:

A función Err úsase en rutinas de tratamento de erros para determinar o erro e a acción de corrección.

Exemplo:

Sub ExampleError

on error goto ErrorHandler REM Set up error handler

Dim iVar as Integer

Dim sVar As String

REM Erro causado por ficheiro non existente

    iVar = Freefile

    Open "\file9879.txt" for Input as #iVar

    Line Input #iVar, sVar

    Close #iVar

Exit Sub

ErrorHandler:

    MsgBox "Erro " & Err & ": " & Error$ + chr(13) + "Na liña : " + Erl + chr(13) + Now , 16 ,"Produciuse un erro"

End Sub