Xestión de ficheiros

As funcións e instrucións para xestionar ficheiros descríbense aquí.

ChDir Statement

Modifica o cartafol ou disco actual.

ChDrive Statement

Modifica a unidade de disco actual.

CurDir Function

Devolve unha cadea variante que representa o camiño actual da unidade de disco especificada.

Dir Function

Devolve o nome dun ficheiro, dun cartafol, ou de todos os ficheiros e cartafoles dunha unidade ou cartafol que coincidan co camiño de busca especificado.

FileAttr Function

Devolve o modo de acceso ou o número de acceso do ficheiro aberto coa instrución Open. O número de acceso do ficheiro depende do sistema operativo (OSH = Operating System Handle).

FileCopy Statement

Copia un ficheiro.

FileDateTime Function

Devolve unha cadea que contén a data e a hora en que un ficheiro se creou ou modificou por última vez.

FileExists Function

Determina se un ficheiro ou cartafol está dispoñíbel no soporte de datos.

FileLen Function

Devolve o tamaño dun ficheiro en bytes.

GetAttr Function

Devolve un patrón de bits que identifica o tipo de ficheiro ou o nome dun volume ou dun cartafol.

Kill Statement

Elimina un ficheiro do disco.

MkDir Statement

Crea un cartafol no soporte dos datos.

Name Statement

Renomea un ficheiro ou cartafol existente.

RmDir Statement

Elimina un cartafol existente no soporte de datos.

SetAttr Statement

Configura a información de atributo do ficheiro especificado.